Crista subtropical sobre Galicia: os modelos europeos anticipan temperaturas extremas a partir do sábado

A chegada dunha masa de aire cálida traerá unhas anomalías positivas de 6ºC no litoral galego e ata 10ºC no interior

Os modelos europeos advirten da chegada dunha crista subtropical que afectará á península con temperaturas que poderían acadar os 40ºC no territorio a partir do sábado. Durante o inicio deste fenómeno, Galicia será unha das menos afectadas, aínda que con valores elevados. Meteogalicia aínda non permite coñecer a previsión a máis de tres días vista, pero ata o venres Vigo acadará os 26ºC, Santiago de Compostela os 29ºC e Ourense superará a barreira dos 30ºC.

A causante é unha extensa dorsal que está a ascender cara ao interior de Europa e arrastra consigo unha masa de aire moi cálida. O modelo do European Centre for Medium-Range Weather Forescasts (ECMWF) anticipa para a próxima semana unhas anomalías positivas de temperatura de entre 6ºC no litoral galego e 10ºC no interior de Ourense.

Publicidade

A pesar do ascenso térmico, o servizo meteorolóxico galego emite unha alerta amarela por tormentas localmente fortes para o mércores 17 de xuño no centro, sur e montaña de Lugo, ademais do Miño e montañas ourensás, xunto a Valdeorras. O aviso prolongarase ata o xoves nos Ancares e A Fonsagrada. Con todo, os modelos comezan a amosar unha calor intensa e durareira que coincidirá coa festividade do San Xoán, polo que o desfrute das fogueiras será unha actividade practicamente asegurada se se mantén esta tendencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Científicos galegos crean unha ferramenta dixital para mellorar a sostibilidade da pesqueira do ourizo de mar

A creación do CIM-UVigo permite identificar riscos que afectan ao futuro do recurso mariño, actualmente en situación crítica

Ata 44 toneladas de metano ao ano: así deixa a súa pegada o gas no fondo da ría de Vigo

Un novo estudo revela que este composto pode achegar un terzo do carbono presente nas cunchas de microorganismos bentónicos

A USC deseña un sistema pioneiro de monitorización da humidade en cultivos de mosca soldado negra

O proxecto desenvolve un modelo que permita aumentar a produción de proteínas, graxas e fertilizante de forma máis eficiente e sostible

Científicos galegos lideran o primeiro estudo español para predicir risco personalizado de cancro de mama

O proxecto MamoRisk recabará datos de 10.000 mulleres seleccionadas aleatoriamente entre participantes nos programas de cribado de 14 comunidades autónomas