Copernicus revela un récord de emisións polos incendios forestais en Portugal

Os lumes forestais liberaron durante un só mes ata 1,9 megatoneladas de partículas e compostos daniños á atmósfera

O Sistema de Vixilancia Atmosférica Copernicus Sentinel alertou este xoves que os incendios forestais de Portugal xa liberaron o nivel máis alto de emisións de carbono nun mes de setembro nos 22 anos do conxunto de datos analizados polo Sistema Mundial de Asimilación de Incendios (GFAS, polas súas siglas en inglés).

Segundo os datos recollidos, as emisións totais de carbono acadaron a cifra de 1,9 megatoneladas de carbono. O episodio máis semellante en canto a cantidade de emisións remóntase ao mes de setembro do 2003, cando se liberaron arredor de 1 megatonelada de carbono.

Publicidade

Dende o 14 de setembro a situación é crítica en Portugal: os máis de 100 focos activos están a liberar no aire partículas de carbono e contaminantes daniños, como as PM10 e PM2,5, que causarán que a calidade do aire a escala mundial e rexional en Europa empeore nos vindeiros días, acadando niveis de perigosidade para a saúde humana e activando alertas nos concellos galegos localizados no sur da comunidade.

Medidas de prevención

De feito, Copernicus alertaba no martes da chegada dun transporte masivo de fume nos vindeiros días cara o norte da península, que terá unha influencia especialmente notable en Galicia. Ante a situación extraordinaria, recoméndanse unha serie de pautas para evitar a exposición ao fume:

Publicidade

  • Atende ás mensaxes emitidas polas autoridades competentes de saúde pública.
  • Presta tamén atención aos índices de calidade do aire.
  • Evita na medida do posible estar ao aire libre.
  • Mantén o interior do teu fogar tan limpo como sexa posible, coas portas e as xanelas pechadas.
  • Se a concentración de fume é moi alta, tenta non acender ningún dispositivo que queime, como por exemplo unha cheminea ou lareira.
  • Non pase a aspiradora, xa que isto movería aínda máis as partículas que xa se atopen dentro do fogar.
  • Se é fumador, evite na medida do posible facelo, xa que isto tamén aumenta a contaminación presente no aire.
  • Para protexer os pulmóns pode empregar unha máscara N95. As outras máscaras non protexen fronte as partículas do fume dos incendios, moito máis pequenas.

Segue a actualidade sobre os incendios forestais de Portugal:

Sobre os incendios forestais

No caso de detectar un lume forestal, podes chamar ao teléfono gratuíro 085. Se sospeitas dunha actividade delituosa incendiaria da que teñas sospeita ou coñecemento, podes chamar ao 900 812 085, tamén gratuíto e anónimo. Se queres información actualizada sobre os incendios forestais que acaden as 20 hectáreas podes consultala na conta @incendios085

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro