Confirman o ADN autóctono de 800 castiñeiros galegos

O castiñeiro é unha árbore esencial en Galicia. Estudos científicos sinalan que leva xa neste territorio milleiros de anos. E conservar a esencia xenética e o seu ADN autóctono é clave para garantir a pervivencia das variedades tradicionais, caracterizadas pola riqueza do seu froito. E tamén é moi importante para defendelo das ameazas, como a coñecida vespa do castiñeiro, que está danando seriamente as plantacións nos últimos anos, e contra a que loitan os científicos mediante a selección xenética.

Neste senso, segundo informa a Consellería do Medio Rural, técnicos da Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal) acaban de verificar a identidade de 800 castiñeiros de diversos viveiros de Galicia como variedades tradicionais autóctonas. É unha das novidades no control destas especies, para comprobar a procedencia e orixe coa que se anuncian. Segundo sinalan desde a Xunta, deste xeito “ofrécese máis seguridade ao comprador”.

Publicidade

A identificación do ADN autóctono contribúe a preservar as variedades tradicionais da árbore

Na primeira quenda, a Consellería encargoulle a científicos do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán que desenvolveran a verificación molecular de 797 plantas de 21 viveiros. Mediante a análise do ADN, foi posible comprobar a correcta identidade das árbores, comparando o ADN de cada unha das mostras coas rexistradas na base de variedades tradicionais de castiñeiro que están almacenadas en Lourizán.

As bases de datos do CIF de Lourizán son esenciais para estes controis, xa que entre os anos 2016 e 2017 se incluíron neste rexistro 23 variedades cultivadas en Galicia. Esta identificación contribúe a establecer novos soutos de castiñeiros, e tamén ten suma importancia para os produtores das variedades tradicionais, xa que deste xeito poden ofrecer material correctamente identificado a agricultores, silvicultores e propietarios forestais en xeral.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro