O Oceanográfico de Vigo celebra a Noite europea dos investigadores

A Noite Europea dos Investigadores, un proxecto impulsado desde 2005 pola Comisión Europea, celebrarase este venres en Vigo. Así, o Instituto Español de Oceanografía (IEO), coa colaboración do Concello de Vigo, organiza entre as 17 e as 23 horas un programa de obradoiros científicos e mesas redondas, no que os profesionais do Centro compartirán coa sociedade o seu traballo.

As actividades terán lugar na Casa Galega da Cultura de Vigo (Praza da Princesa, 2). Neste tempo, persoal das diversas liñas de investigación do Oceanográfico explicarán asuntos como os ecosistemas profundos, os recursos vivos e a pesca, a oceanografía e a contaminación, o plancton e as mareas vermellas.

Publicidade

Haberá obradoiros para todas as idades e dúas charlas impartidas por persoal do IEO

Serán cinco obradoiros, ao xeito de ‘minilaboratorios‘, onde persoas de todas as idades poderán aprender sobre investigación mariña. Haberá un espazo para os máis pequenos, a “Pezqueteca“, no que se divulgará o traballo do IEO mediante xogos, contos e manualidades. Alén disto, haberá unha zona interactiva con imaxes en 360º das instalacións do Oceanográfico vigués.

Por outra banda, terán lugar tamén mesas redondas no salón de actos da Casa da Cultura Galega. Ás 18.30, baixo o título “Mamá, quero ser investigador“, persoal do IEO falará sobre a carreira profesional dentro do organismo, nunha sesión dirixida a estudantes de Secundaria, Bacharelato, FP e graos.

Publicidade

E ás 20.30, co título “Algún científico na sala?“, investigadores falarán sobre temas como as mareas vermellas, os descartes da pesca ou o lixo mariño.

En todas as actividades, a entrada é libre ata completar aforo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do formigón de Ourense aos parques de Santiago: un estudo contrasta os dous modelos de zonas verdes

A cidade do sur galego é unha das tres con peor cobertura, con 4,6 metros cadrados por habitante, moi por debaixo da media de 14,15

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

GCiencia lanza a décima edición dos premios Galicia Spin-Off

Os galardóns recoñerán un ano máis a empresas innovadoras xurdidas das universidades e a un grupo de investigación