O castiñeiro é unha árbore autóctona: non a trouxeron os romanos

A historia tradicional di que o castiñeiro foi introducido en Galicia durante o Imperio Romano, como tamén aconteceu coa vide. Pero novas evidencias desbotan esta teoría. O castiñeiro é unha especie autóctona de Galicia, que xa estaba presente no Noroeste da península Ibérica hai máis de 20.000 anos. Estes achados mudan absolutamente a idea de que estamos ante unha especie invasora que foi naturalizada.

Gráfico de distribución do castiñeiro ho Holoceno, incluido no estudo.
Gráfico de distribución do castiñeiro ho Holoceno, incluido no estudo.

O novo traballo foi liderado pola Universidade de Oviedo e confirma que a área cantábrica e atlántica da Península foi un dos principais refuxios climáticos do castiñeiro hai máis de 20.000 anos, durante a última glaciación.

Publicidade

O investigador José Valentín Roces Díaz empregou modelos matemáticos, nunha estadía na Universidade Masaryk da República Checa. O traballo revela que o último período glacial condicionou a moitas das árbores que agora son dominantes nos bosques europeos, obrigándoas a migrar ou buscar “zonas de refuxio” no sur de Europa.

O artigo aparece publicado na revista Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology e recolle unha serie de modelos espaciais para predicir a distribución do castiñeiro en Europa en base ás condicións climáticas actuais para logo facer unha extrapolación ás do último máximo glacial e do período especialmente cálido do holoceno medio (hai 6.000 anos).

Publicidade

En Viveiro, atopouse polen de castiñeiro datado hai 7.830 anos

Segundo o director do Grupo de Investigación de Sistemas Forestais Atlánticos ( GIS- Forest), Pedro Álvarez-Álvarez, os resultados destes modelos amosan que o castiñeiro atopou zonas de refuxio durante a última glaciación nas costas cantábrica e atlántica da península ibérica, así como en Italia e Turquía.

Na planificación de reforestacións e repoboacións, o criterio principal é que a recuperación natural leve a cabo soamente con bosque autóctono, aínda que en certas zonas permítanse plantacións alóctonas para a produción de madeira. O castiñeiro pode ter agora plena consideración de árbore autóctona, o que achega un novo concepto á política de conservación.

Xa outras investigacións anteriores sinalaban que existía o castiñeiro en Galicia moito antes dos romanos. Josefa Menéndez Amor y F. Florschütz atoparon no municipio de Viveiro restos fósiles de polen de Castinea sativa datados hai 7.830 anos, case seis milenios antes antes da romanización comezada na época do emperador Augusto.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla