O ceo estrelecido na lagoa

Créditos da imaxe e copyright: Kerry-Ann Lecky Hepburn (Weather and Sky Photography)
Créditos da imaxe e copyright: Kerry-Ann Lecky Hepburn (Weather and Sky Photography)

Explicación: fitando aos ceos, unha das moitas lagoas do salar de Atacama reflicte calma un ceo nocturno estrelecido preto de San Pedro de Atacama, Chile (planeta Terra). As fendas cósmicas de po, as nubes de estrelas e as nebulosas da Vía Láctea central están a erguerse no leste, máis alá un horizonte volcánico. Os planetas Xúpiter e Marte, captados nas seis imaxes da panorámica rexistrada de vagar nas horas da madrugada do 15 de xaneiro, están achegados. Os brillantes planetas, preto da eclíptica, están mergullados na franxa visible de luz zodiacal do Sistema Solar que se estrica cara arriba e á esquerda do centro galáctico. Por riba do horizonte e cara o sur (dereita), están as nubes de Magallanes Grande e Pequena, galaxias satélite da Vía Láctea.

Xira galega con charlas de astronomía e moito máis coas mellores imaxes do ano pasado.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027