Así se viron as mangas mariñas sobre Arousa e cabo Udra

Os fenómenos, semellantes aos tornados, sorprenderon a veciños e mariñeiros no medio do temporal

Dúas mangas mariñas sorprenderon onte na ría de Arousa e na de Pontevedra, provocadas polas cambiantes condicións meterolóxicas do temporal. Trátase dun fenómeno relativamente frecuente, que adoita acontecer todos os anos en Galicia coincidindo con episodios de moita inestabilidade atmosférica. Porén, chama a atención pola súa semellanza cos tornados moito máis potentes que se producen noutras zonas do planeta.

Manga mariña avistada en Arousa. Fonte: Beni Outeiral / Facebook.

O fenómeno na ría de Arousa rexistrouse na mañá e foi gravado e fotografado por varias testemuñas, como podemos ver neste vídeo:

Publicidade

Ademais, houbo outra manga mariña na ría de Pontevedra, á altura de cabo Udra, que foi avistada por un barco pesqueiro. Esta é a imaxe captada polos tripulantes do buque:

A manga mariña en cabo Udra.

Tamén hai un vídeo que foi reproducido en Twitter:

Publicidade

Aínda que non adoitan causar danos, xa que normalmente comezan no mar e se debilitan moito cando tocan terra, as mangas mariñas teñen xerado algúns episodios coñecidos nos últimos anos en Galicia. En novembro de 2018, este fenómeno arrasou un monte en Muros, e en xaneiro do ano pasado, outro suceso semellante causou danos materiais na provincia de Pontevedra.

Manga mariña dende as vivendas en Arousa.

Segundo teñen explicado noutras ocasións expertos como Carlos F. Balseiro, de 4gotas, a manga mariña aparece cando as precipitacións intensas “arrastran o aire moi frío en altura cara a abaixo, polo que se xeran unhas diferenzas de temperatura moi altas en zonas moi concretas, polo que o vento ten que compensalas”, explicaba Balseiro.

Como consecuencia disto, o chaparrón “sae dunha nube de tormenta e provoca un funil que comeza a enroscarse debido ao vento”, mesmo podendo chegar a terra, conta o responsable de 4gotas. Porén, unha vez perde contacto coa humidade do mar, a manga mariña “perde a rotación e desfaise”, apunta Fernández Balseiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un minuto e moitas incógnitas: a nubosidade media nas últimas tres décadas foi do 30% para o 12 de agosto

O meteorólogo Benito Fuentes indica que as formacións baixas e unha cobertura do 35% son as principais ameazas para a observación

Os mapas dos temporais máis extremos de Galicia: Copernicus reconstrúe 80 anos de datos atmosféricos

A ferramenta europea Weather Replay permite analizar episodios históricos mediante simulacións meteorolóxicas interactivas

Baltasar Merino, o pioneiro da meteoroloxía galega que estudou as borrascas para evitar naufraxios

O xesuíta quedou consternado tras a morte de 105 mariñeiros en Portugal a causa dun temporal e propuxo que os patróns levasen barómetros nos barcos para anticiparse ás tormentas

A potente borrasca Benjamin provocará fortes ventos e baixada das temperaturas en Galicia

A comunidade queda fóra da influencia da depresión atmosférica, con ceos despexados e sen apenas precipitacións nas xornadas finais da semana