Unha manga mariña arrasa un monte en Muros

A borrasca Beatriz que volveu bater este xoves en Galicia deixou un fenómeno pouco habitual e sorprendente na parroquia de Louro, en Muros. Tal e como recolle o xornal Que pasa na Costa e confirmaron desde MeteoGalicia, unha manga mariña tocou terra xunto á praia do Ancoradoiro, arrasando un monte de piñeiros e postes de luz ata debilitarse uns 500 metros terra adentro, chegando xa á estrada principal da zona.

Episodio de chuvia intensa coincidindo co momento da manga en Mariña en Muros, este mediodía, segundo o radar de MeteoGalicia.
Episodio de chuvia intensa coincidindo co momento da manga en Mariña en Muros, este mediodía, segundo o radar de MeteoGalicia.

O radar de MeteoGalicia recolleu, do mesmo xeito, un episodio de chuvia intensa, que se corresponde coa cor vermella no mapa, na zona de Muros onde se produciu o fenómeno. E así o confirman tamén as testemuñas, que viron como de súpeto a tempestade comezou a levar por diante as árbores, e mesmo arrincou o tellado dun cámping da zona. Un vídeo da zona, gravado por Manuel María Caamaño Sendón pouco despois do suceso, dá conta da magnitude da manga mariña.

Publicidade

Como é unha manga mariña?

No mes de xaneiro deste ano, unha borrasca xa provocara situacións semellantes en Sanxenxo e Muxía. Naquel momento, María Souto, de MeteoGalicia, sinalaba que é un fenómeno “relativamente frecuente”, que se produce case todos os anos, e está relacionado, “por unha banda, con aire frío en altura, e nubes en forma de cumuloninbo – cun gran desenvolvemento vertical-” e ademais formárase, naquel momento, unha pequena borrasca a carón da costa”.

Deste xeito, “os chaparróns tan violentos arrastran ese aire frío cara a superficie e xeran unhas diferenzas de temperatura moi altas en zonas moi concretas, polo que o vento ten que compensalas”, explicaba Carlos Fernández Balseiro, de 4gotas.com. Como consecuencia, o chaparrón “sae dunha nube de tormenta e provoca un funil que comeza a enroscarse debido ao vento”, mesmo podendo chegar a terra, contaba Balseiro.

Publicidade

Nestas situacións, a manga mariña forma unha especie de tornado que, con todo, desfaise a tocar terra e perde a rotación que lle deu forza. Podería compararse ao que acontece no interior dunha taza ao remexer cunha culler: “Comezamos a remexer de xeito intenso e xeramos esa ‘tuba’, pero a pouco que rompemos o xiro cun momento transversal, rompemos axiña ese tubo”, explicaba en xaneiro o responsable de 4gotas.

2 COMENTÁRIOS

  1. Todos os que vexo son bos pero este a mais que bo Grazas por ensinar meteo galicia son Moi bos E Maria Souto e unica entendese perfectamente o que quere decir sin saber siquera que existia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual