A falta de retención dos solos tras os incendios de 2025 agravou as riadas de Ourense

O edafólogo Agustín Merino vincula as escorreduras do 17 de xuño coa escasa revexetación durante o inverno e a ausencia de actuacións de restauración

As fortes tormentas e chuvias torrenciais acontecidas na tarde do mércores 17 de xuño impactaron principalmente contras as provincias de Ourense e Lugo, afectando a concellos como Viana de Bolo ou O Barco de Valdeorras. Unha alerta laranxa advertía dunhas condicións climáticas desfavorables, pero sen consciencia sobre ata onde podían chegar as consecuencias: inundacións de baixos e garaxes e desbordamento de ríos. Pero o foco tamén debe estar nas causas. Agustín Merino, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela (USC), explica que Ourense ten zonas onde a intensidade dos incendios do verán de 2025 foron tan elevadas que os solos tardan en recuperar a vexetación, dependendo dos diferentes graos de afección. No caso de Ourense, o nivel foi moi alto, o que leva aos efectos das escorreduras que se puideron ver nas vilas ourensás na mañá do 18 de xuño: “Estamos quedando sen solo”, subliña Merino.

“Nos lumes con severidades moi altas a temperatura non só queima toda a vexetación, senón tamén todas as sementes do solo“, aclara o investigador. Este foi o por que durante os meses de inverno non se rexenerou a vexetación, cando a torrencialidade das precipitacións non foi especialmente elevada. Con todo, o problema chega en xuño de 2026: as temperaturas superaron os 30 graos en Ourense e os terreos, secos pola calor, non infiltran a auga correctamente; Merino equivale esta situación á DINA de Valencia. “Chama a atención que aínda haxa arrastres tan grandes”, incide.

Publicidade

A falta de actuacións de restauración tras os incendios do ano pasado é outra das causas dos danos que se están a observar en estradas, ríos, aldeas e infraestruturas de Ourense. “Cunha restauración, estes arrastres serían moi inferiores“, sinala o experto, a pesar de que foron 30.000 as hectáreas queimadas oficialmente nos incendios de agosto—o satélite europeo Copernicus contabiliza máis de 156.000—, en terreos de difícil acceso. “A prevención é o mellor; tampouco todas as áreas son susceptibles de ser restauradas”, engade. Segundo Agustín Merino, unha das opcións é introducir gando para controlar a vexetación e, outra, realizar queimas prescritas para poder reducir a biomasa en primavera e outono. Con todo, subliña que “non hai unha solución sinxela“. Desta forma, pérdese solo, vexetación e auga. “Habería que empezar pola estrutura da propiedade e buscar unha alternativa ao abandono“, conclúe Merino.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024