Cámaras térmicas rexistran temperaturas de ata 40 graos nun patio escolar de Ourense

A organización Greenpeace mediu as temperaturas de escolas de cinco cidades españolas e determinou que as aulas dun colexio ourensán ten mínimas de 27 graos

A calor non só se atopa no exterior: ben o saben estudantes e docentes que enfrontan as temperaturas extremas de xuño con termómetros que superan os límites óptimos para o estudo. Greenpeace empregou cámaras termográficas para medir o alcance da situación en Alicante, Barcelona, Madrid, Ourense e Sevilla e determinou que os niveis que se acadan en aulas e patios son preocupantes para a saúde dos menores e traballadores. O centro educativo medido en Galicia rexistrou mínimas superiores á cifra máxima legalemente permitida para traballos sedentarios. Ademais, Greenpeace sinala que as zonas sen sombra do patio chegaron aos 40 graos nalgúns puntos.

“Os estudos científicos apuntan que a temperatura óptima para un bo rendemento escolar atópase en torno aos 22 – 24 graos“, declara a asociación nun comunicado. Entre ese rango e os 32 graos, o desempeño redúcese progresivamente a medida que aumenta o nivel térmico. Greenpeace afirma que todos os centros captados polas cámaras superan esta franxa, e mesmo presentan mínimas de 27 graos, “temperatura que establece a lexislación laboral como máxima para a realización de traballo sedentario”, explican no comunicado.

Publicidade

O perigo da calor

A responsable de adaptación ao cambio climático de Greenpeace, Elvira Ximénez, puxo sobre a mesa os perigos que supón para a saúde a exposición habitual a condicións extremas, co foco posto no esgotamento provocado polas altas temperaturas e o golpe de calor. Así mesmo, resaltou os riscos “sobre a capacidade cognitiva, a concentración e a comprensión“, o que, como indica, o volve un ambiente especialmente prexudicial para un contexto educativo.

Estes perigos vense amplificados no alumnado das escolas: canta menor idade, máis propensos se volven á deshidratación e ao estrés térmico, apunta Greenpeace. Estudos corroboran que a ameaza da calor é maior en rapaces e rapazas de máis novos, debido a que a súa capacidade termorreguladora aínda non acadou a eficiencia que ten en persoas adultas.

Publicidade

Unha chamada á acción

O colectivo ecoloxista demanda unha acción inmediata para remediar esta situación. Propón medidas como a eliminación dos combustibles fósiles nas aulas ou naturalizar os patios e contornas con espazos verdes que creen sombras e promovan a biodiversidade. Con isto, reclama a adaptación térmica dos colexios para crear neles refuxios climáticos en vez de bloques de calor extrema. Estas denuncias vólvense máis relevantes coa proximidade da primeira onda de calor do ano declarada en Galicia. Isto ten especial importancia para o alumnado, que, a menos dunha semana de rematar o curso, aínda pasa a maior parte do seu día nunha aula.

1 comentario

  1. Pois Nas escolas de 0 a 3 non se está mellor. Escolas sin climatizar, superando os 27° no interior delas. E moitas delas seguen funcionando durante todo o verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o martes

A Xunta acende o nivel amarelo por altas temperaturas no noroeste, interior e suroeste da Coruña, así como na montaña de Ourense e nas Rías Baixas