Un potente anticiclón chega a Galicia: estamos ante a primeira onda de calor do ano?

As temperaturas poderán ser as máis altas rexistradas para esta época do ano entre finais da semana e comezos da próxima

As temperaturas están en alza en Galicia polo impacto dunha crista subtropical no territorio, pero o episodio de calor non queda aí: un novo bloqueo anticiclónico como cúpula de calor desenvolverase nos próximos días e poderá provocar que os termómetros acaden os 40°C na península. Os mapas indican que Galicia non se librará do fenómeno, con anomalías positivas de ata 10 graos. Determinados modelos meteorolóxicos europeos anticipan a chegada dunha onda de calor, que sería a primeira de 2026, a pesar de que aínda non está confirmada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). Con todo, nunha publicación na rede social X, afirma que “entre finais desta semana e comezos da próxima as temperaturas poderían estar entre as máis altas rexistradas nesas datas”.

Entre os factores que poden producir este fenómeno, segundo Meteored, está a presenza dunha dorsal de bloqueo con altas presións históricas para esta época do ano e a acumulación de calor en capas baixas. Todo iso ven acompañado baixo un chorro de altura ondulado e cuasi estacionario, un cóctel semellante ao experimentado durante a última semana de maio de 2026.

Publicidade

As consecuencias serán unha forte estabilidade atmosférica, ceos despexados, calor acusada durante o día, terreos secos e un aire que descenda, comprima e que experimentará un quecemento adicional por compresión. Deste xeito, o aire moi cálido acumularase e aumentará a temperatura en niveis baixos e en superficie durante varios días.

Novamente, aparece a probabilidade de que se batan numerosos récords de temperatura en España, onde as temperaturas prognosticadas poderán superar en máis de 10ºC ou 15ºC a media climatolóxica para esta época do ano.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro

Científicos galegos e arxentinos desvelan o potencial do cacho de gambón para protexer a retina

Un estudo desenvolve nanopartículas antioxidantes derivadas de residuos pesqueiros con resultados prometedores en probas in vitro