O anticiclón dispara as temperaturas en Galicia: estas serán as zonas máis afectadas

En Ourense os termómetros chegarán aos 37 graos, aínda que co paso da semana entrarán algunhas nubes e frontes pouco activas na comunidade

Os termómetros manteñen unha media alta en Galicia despois do anticiclón que librou á mariña lucense das permanentes nubes que tapan o ceo da rexión durante a pasada semana. Foi precisamente na costa da provincia onde se experimentou a suba máis importante nas temperaturas, pasando dunha previsión de máximas para o sábado que non chegaron aos 20 graos a superar os 30 na xornada do domingo en parroquias como Viveiro. Co comezo da semana o anticiclón deixa ao Miño de Ourense baixo a atención dunha alerta amarela e, segundo prognostica MeteoGalicia, alí as temperaturas poderían chegar aos 36 ºC no día de hoxe.

O paso de vaguadas dende o Atlántico, que causará tormentas vespertinas nas zonas do centro e do interior da península, non afectará a Galicia, segundo informa Eltiempo.es. Cara a fin de semana, as tormentas poderían estenderse a máis zonas do país, deixando chubascos e tormentas no sur e o levante de España.

Publicidade

Con todo, cal será o tempo nas distintas provincias deste comezo de semana?

Ausencia de chuvias e ascenso das temperaturas

No caso da capital galega, o tempo virá marcado pola alternancia de ceos nubrados e claros e unhas medias térmicas que encaixan na época do ano: as máximas poderían descender ata chegar aos 26 graos na xornada de mañá, mentras que o mércores darase un ascenso das temperaturas xeneralizado para a comunidade. Na Coruña agárdanse temperaturas algo máis tépedas, mais nestes días a chuvia non se deixará ver na cidade nin no resto de Galicia. O sur manterá os termómetros por riba dos 30 graos na meirande parte dos concellos de Pontevedra e Ourense neste comezo de semana, baixando a media na xornada do martes, cando o Miño de Ourense deixará de estar no aviso amarelo.

Publicidade

Xa na tarde do mércores, a provincia ourensá experimentará de novo un ascenso nos termómetros, deixando máximas de ata 37 graos nalgún punto. Galicia volverá a quedar baixo a influencia das altas presións, o que deixará algunhas chuvias no norte de Lugo. Aínda así, segundo destacan dende MeteoGalicia, “a tendencia será o tempo seco e con ceos pouco nubrados en xeral“.

A xornada do mércores deixará temperaturas máximas de ata 37 graos na provincia de Ourense. Foto: MeteoGalicia.

A media dos termómetros, nos 30 graos

O xoves as altas presións iranse debilitando, o que permitirá o achegamento a Galicia dunha nova fronte pouco activa. Esta configuración atmosférica deixarase notar no norte, onde a brétema cubrirá as zonas costeiras. As máximas comezarán a baixar na totalidade da comunidade, cun descenso máis acusado nas comarcas da fachada atlántica.

Así, Galicia continuará alternando situacións con predominio das altas presións e frontes moi desfeitas ao norte. A probabilidade de chuvias será baixa ao longo prazo, aínda que na fin de semana podería aumentar lixeiramente. Con todo, as máximas na comunidade roldarán os 30 graos de media nas xornadas do venres e do sábado, con ceos despexados e solleiros na meirande parte do territorio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño