O anticiclón volve a Galicia con temperaturas de ata 35 graos: ata cando vai durar?

O sábado entrará unha fronte pouco activa que deixará chuvias febles, ceos nubrados e un notable descenso dos termómetros

Galicia comezou a semana con ceos nubrados, chuvias febles e un notable descenso térmico. Porén, a inestabilidade das últimas xornadas chega á súa fin e o anticiclón volve exercer a súa influencia sobre todo o territorio galego a partir deste mércores. De feito, Meteogalicia prevé un acusado aumento das máximas de cara aos vindeiros días. Segundo o prognóstico, os termómetros poderán acadar os 35 graos en Ourense e non baixarán dos 25 no resto de cidades galegas. Con todo, a situación de estabilidade que vivirá Galicia as próximas xornadas —e que contrasta coa actividade tormentosa do Levante provocada por unha DINA— ten os días contados: o sábado agárdase a chegada dunha fronte pouco activa que volverá deixar ceos nubrados e baixada de temperaturas.

Máis polo miúdo, os termómetros comezan a recuperarse este mércores, acadando xa os 30 graos de máxima en Ourense, os 29 en Pontevedra e Vigo, os 25 en Lugo e Santiago es 23 na Coruña e en Ferrol. Estas temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso o xoves, que contrastará coa baixada nas mínimas. En Ourense, por exemplo, haberá 18 graos de diferenza entre as horas máis calorosas do día —cando se acaden os 33 graos— e as máis frías da noite —que non superarán os 15—. A situación será semellante no resto de cidades galegas, dado que todas elas rexistrarán, como mínimo, 10 graos de diferenza entre a xornada nocturna e a diúrna. Este escenario volverá repetirse o venres, con máximas que poderán chegar aos 35 graos en Ourense e que roldarán os 30 nas Rías Baixas. No norte, pola contra, non superarán os 25.

Publicidade

24 horas de inestabilidade

O tempo comezará a cambiar a noite do venres, cando se agarda a chegada de nubes baixas polo litoral coruñés e orballos de madrugada. Durante a mañá do sábado intensificarase a inestabilidade en toda Galicia debido á entrada dunha fronte que, aínda sendo pouco activa, deixará chuvias febles e ceos nubrados, especialmente no terzo norte. Con todo, este episodio non durará máis de 24 horas: o domingo volverá o anticiclón. A semana que vén agárdase un escenario de estabilidade, cando menos ata o mércores, con tempo solleiro, máximas de ata 26 graos e probabilidade de chuvia que non superará o 5%.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual