Alerta en Galicia pola onda de calor que disparará os termómetros ata os 40 graos

O día máis caloroso será o martes e o aviso amarelo e laranxa están decretados nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra

Tralo paso dunha fronte de aire frío os primeiros días de agosto, os ceos en Galicia despexáronse e as temperaturas subiron progresivamente dende o pasado venres. Foi o preludio do que se converterá estes días nunha onda de calor que poderá deixar ata 40 graos nalgúns puntos do país. A xornada máis calorosa será a do martes, especialmente en zonas da metade sur de Galicia, con valores por riba dos 30 graos. Nestes momentos está activa a alerta amarela en varias zonas de Pontevedra, Lugo e Ourense, como nas Rías Baixas, no Baixo Miño e na comarca de Valdeorras. En Val do Miño o aviso é laranxa, xa que se poden alcanzar os 40 graos a partir do mediodía do martes.

A entrada de aire cálido e a baixada do vento do nordés soben as temperaturas e tamén a sensación térmica. No sur de Lugo e no Miño de Ourense chegaranse aos 38 graos e nas Rías Baixas aos 34. O interior de Pontevedra tamén ten decretado o aviso amarelo polos 36 graos que poden marcar os temómetros o martes, como no noroeste e sur de Ourense ou sur de Lugo. Durante esta vaga de calor, o vento do norte deixará termómetros por debaixo dos 20 graos na Mariña. Na Coruña poderán superarse os 34 graos estes días pero non está activa ningunha alerta.

Publicidade

Xa de cara o mércores, prevese moita nubosidade no litoral oeste e baixa visibilidade con brétemas costeiras. Explica MeteoGalicia que haberá vento do sur, co cal, descenderán as temperaturas no litoral onde queden as nubes máis compactas, e será máis notable na fachada atlántica. Á vez, co vento do sur, ascenderás as temperaturas na Mariña. Superaranse os 30 graos na provincia de Lugo. Será unha semana de calor en Galicia pero a partir do mércores baixarán as temperaturas e manteranse valores estables por debaixo por 30 graos.

Galicia afronta a semana máis cálida do ano, contrastando co pasado mes de xullo, que destacou principalmente pola alternancia da inestabilidade atmosférica e o tempo de verán, no que se mantiveron temperaturas frescas para a época. O país logrou esquivar as pasadas ondas de calor que afectaron a España, mais non será así desta vez.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua