Do aire frío á calor de verán: cambio radical no tempo esta semana en Galicia

As temperaturas caerán coa chegada dunha borrasca e a partir do venres volverán a subir e superarán os 30 graos

Galicia empeza agosto co paraugas en man. Este martes, no sur da Coruña e de Pontevedra predominan as nubes baixas e os orballos. Aínda que pola tarde poidan abrirse claros, á noite volverán as precipitacións. O mércores entra unha fronte fría e choverá con máis intensidade. Entrará pola tarde o aire do norte e con el, chegará o xoves a influencia anticiclónica. As mínimas en Ourense esta semana baixarán e subirán ata nove graos. Para a fin de semana, agárdanse temperaturas que superarán os 30 graos. Unha semana de contrastes, pero que será estable en todo o país.

Ata o momento predominaban os ventos de compoñente sur. Na Coruña, unha vez chega o vento do norte, caen os termómetros: pasarán de 27 a 22 graos. Nos próximos días baixarán as máximas en toda a fachada atlántica respecto aos valores das xornadas pasadas. Con todo, este está a ser un verán que non aguanta a calor e o Sol nin unha semana enteira. Que é o que está a pasar en Galicia para saltar continuamente de borrascas á calor de verán?

Publicidade

O culpable é o anticiclón das Azores. Galicia depende da súa posición, e, nestes momentos, debería estar situado de maneira que impedise a entrada de borrascas e de frontes, sendo o vento do nordés o que predominase. Este, deixa temperaturas máis suaves, nubes na zona da Mariña e ceos despexados en Pontevedra, Ourense e sur de Lugo con temperaturas máis cálidas. Este verán estándar en Galicia non se está cumprindo porque o anticiclón das Azores está retirado cara o sur, e permite que entre algunhas destas frontes.

Non obstante, esta é unha situación que forma parte da variabilidade do clima galego, e aída que poida parecer unha situación excepcional, dende MeteoGalicia explican que está quedando un verán normal. “Estas entradas do vento do oeste non nos permiten ver o sol, pero a partir desta semana vén o vento do norte”, explican. Co cal, as temperaturas experimentarán ascensos pronunciados a partir do venres. Galicia rematará a semana co parasol.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

Do chorro polar ás dinas: as claves do drástico cambio de tempo en Galicia a partir do mércores

A influencia anticiclónica debilitarase na segunda metade da semana coa previsión de ceos nubrados, temperaturas suaves e chuvascos ocasionais

Catro días de incógnita

Días antes da eclipse do 12 de agosto, a meteoroloxía e a nubosidade seguen a ser as preguntas máis frecuentes para asegurar a observación. Por Andrea Veiga