Un estudo descobre as claves da adaptación celular durante a perda de peso por xaxún

Este achado publicado na revista 'Cell Metabolism' permite entender os mecanismos de protección hepática durante o tratamento con dietas

Unha investigación do CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acaba de descubrir un novo mecanismo que protexe o fígado do dano inducido por períodos longos de xaxún. Publicado recentemente na revista Cell Metabolism, o achado permite entender mellor os mecanismos de protección hepática durante o tratamento con dietas para inducir perdas de peso. O estudo foi dirixido por Marta Varela Rey do grupo de investigación de Regulación da Expresión Génica en Enfermidades do CiMUS, en colaboración co grupo de María Luz Martínez Chantar do CICbioGUNE-CIBEREHD do País Vasco.

A ‘regadeira’ que apaga o estrés celular por xaxún

Segundo indica a directora do estudo Marta Varela Rey, “durante moitos anos demostrouse que as dietas baixas en metionina inducían adelgazamento, con todo, os nosos estudos van máis aló, e demostran que é a diminución hepática de SAMe, un dos subprodutos da metionina, a que en realidade induce a perda de peso, e que unha diminución excesiva ou crónica dos seus niveis danarían o fígado durante as dietas de restrición calórica”.

Publicidade

Os seus estudos atoparon que o SAMe hepático actúa como sensor metabólico da nutrición, freando a “queima de graxas” no fígado, e protexéndoo. Ademais, demostraron por primeira vez que durante os períodos de restrición calórica este SAMe debe producirse nuns lugares da célula moi concretos, onde exercen o seu papel protector.

O equipo de Marta Varela propón que unha diminución crónica de SAMe no fígado poderían ser beneficiosa ao indicarlle ao noso corpo a necesidade de “queimar graxas” e potenciar deste xeito unha maior perda de peso durante o xaxún. Con todo, tamén demostra que a diminución crónica de SAMe deixa ao fígado totalmente desprotexido, someténdoo a un estrés excesivo durante esta “queima de graxas” necesarias para perder peso.

Publicidade

Enfoques terapéuticos

Segundo explica o persoal investigador, isto débese a que o SAMe do fígado actuaría como unha “regadeira”, apagando o estrés celular que se produce cando aumenta a “queima de graxas” durante o xaxún. Por iso é tan necesario que exista un fino equilibrio entre uns niveis de SAMe no fígado o suficientemente baixos como para indicar que cómpre queimar graxas, pero que á súa vez sexan o suficientemente altos para ter o noso fígado protexido.

Estes achados poderían ter implicacións significativas no deseño de enfoques terapéuticos para enfermidades relacionadas co metabolismo hepático e a regulación nutricional.

A revista Cell Metabolism, publica na súa edición dixital o artigo titulado ‘Hepatic levels of S-adenosylmethionine regulate the adaptive response to fasting‘, froito dunha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación, a Xunta de Galicia, e a Comisión Europea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CiQUS obtén o selo de Unidade de Excelencia María de Maeztu

O centro da USC recibirá arredor de tres millóns de euros para os próximos catro anos a través do recoñecemento do Ministerio de Ciencia

O investigador Cristóbal Pérez súmase ao CiQUS para impulsar a espectroscopía molecular

O científico ten unha traxectoria recoñecida a nivel internacional no deseño e aplicación de instrumentación avanzada para estudar a estrutura e dinámica de sistemas moleculares complexos

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

A primeira escavación na Cova do Santo revela que foi un enterramento colectivo na Idade do Bronce

Un equipo da USC documenta un enterramento colectivo con máis de cen restos de humanos, fauna e obxectos arqueolóxicos