GCiencia en Efervesciencia: “Hai dez anos a divulgación era un fenómeno minoritario”

Entrevista con Pablo López no programa da Radio Galega dirixido por Manuel Vicente

Este mes de novembro, GCiencia cumprirá dez anos. O seu director e fundador, Pablo López, falou en Efervesciencia, o programa da Radio Galega que dirixe Manuel Vicente, sobre un proxecto que naceu en 2013 con vocación de consolidarse como medio de comunicación profesional, para exercer un xornalismo viculado á divulgación científica.

“Cando empezamos a divulgación era un fenómeno moi minoritairo, pero durante este tempo consolidouse a conciencia colectiva da importancia da ciencia e da divulgación, un fenómeno seguramente moi relacionado coa covid-19”, sinalou López.

Publicidade

“Trala covid-19 hai unha especie de resaca sobre temas de saúde, a covid-19 xa non interesa, parece cousa doutra década”

O director de GCiencia falou tamén de como cambiaron os gustos do público durante este tempo. “A retroacción dos medios permite comprobar ata que punto as preferencias se poden predicir, aínda que hai algunhas constantes. Trala covid-19, hai unha especie de resaca sobre temas de saúde, a covid-19 xa non interesa, parece cousa da década pasada ou doutra vida, e a xente busca temas relacionados por exemplo co patrimonio, coa historia ou co medioambiente”, sinalou.

Referiuse o director de GCiencia á gran implantación do medio en redes sociais e dos últimos proxectos relacionados coa súa comunidade, como é dar prioridade a Instagram e Tiktok, co obxectivo de achegarse a un público máis novo. “Facémolo sempre buscando o mesmo: falar de ciencia, da ciencia que se fai en Galicia principalmente, e dirixido a un público amplo e non necesariamente vinculado ao universo da ciencia”.

Publicidade

López tamén fixo un repaso a un dos proxectos do portal galego da ciencia de maior aceptación entre o público, Desmontando Mitos, en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt) e a Universidade de Santiago de Compostela, e que este ano celebrará a súa cuarta edición.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos