Sesións especiais na Casa das Ciencias sobre a conxunción de Xúpiter e Saturno

O planetario acollerá esta fin de semana, o sábado 19 e o domingo 20, pases dedicados ao fenómeno astronómico

Os planetas Xúpiter e Saturno son estes días o gran espectáculo astronómico do ceo nocturno. Porque os dous xigantes gasosos aparecen máis achegados que o que estiveron durante os últimos 800 anos. De xeito que o vindeiro día 21 de decembro será moi difícil distinguilos, ao formar un só punto que corusca con enorme brillo no ceo.

Para celebrar este evento, que non vemos dende a Idade Media, o planetario da Casa das Ciencias da Coruña dedicará, o sábado 19 e o domingo 20 de decembro, as sesións de adultos das 11 e 18 horas á conxunción de Xúpiter e Saturno.

Publicidade

A conxunción de Xúpiter e Saturno dende Burgo de Osma. Foto: Fernando Cabrerizo.

Nestas sesións explicarase como observar este acontecemento astronómico, que acontece varias veces cada século, aínda que facía centos de anos que ambos os planetas non se atopaban tan próximos no firmamento. Para gozar do espectáculo, hai que mirar cara suroeste, ao principio da noite, sobre as 19 horas. Xúpiter será o obxecto máis brillante, mentres que ao seu lado, máis tenue, aparece Saturno, prácticamente xuntos os dous planetas.

Para asistir a unha das sesións de Planetario é imprescindible realizar unha reserva previa de entrada nesta ligazón dos Museos Científicos Coruñeses.

Publicidade

E aquí podes saber máis sobre esta conxunción planetaria:

Chega unha aliñación de Xúpiter e Saturno non vista dende a Idade Media

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo