Xoves 25 Abril 2024

O sabugueiro revélase como potente fonte de antioxidantes

Aínda que é unha planta moi habitual en Galicia, o seu aproveitamento para usos alimentarios non está moi estendido na comunidade

CONTIDO PATROCINADO

Numerosas investigacións científicas avalan a conveniencia de incluír na nosa alimentación cotiá alimentos ricos en antioxidantes, substancias encargadas de neutralizar os radicais libres que danan ao noso organismo. Entre os produtos máis ricos nestes saudables compoñentes atópanse pequenos froitos como os arandos ou os amorodos, sendo menos coñecido o caso do sabugueiro. Esta planta, de gran presenza en Galicia, revélase agora como unha potente fonte de antioxidantes

Publicidade

Os estudos e revisións da literatura científica arredor do sabugueiro, as súa composición e as súas propiedades saudables teñen ido confirmando o potencial que presenta esta planta  (fonte de proteínas, antioxidantes, aminoácidos, fibra, varias vitaminas e minerais) e identificando diferentes efectos beneficiosos para a saúde. 

A medicina tradicional xa viña empregando o sabugueiro no tratamento de varias doenzas, aproveitando distintas partes do arbusto a través de unha gran variedade de administracións, como infusións, xaropes ou emplastos. Agora estes saberes ancestrais se van vendo pouco a pouco confirmados pola evidencia científica en cuestións como o seu poder antigripal e antiviral ou o seu alto contido en substancias que protexen ao organismo contra a oxidación celular.

Carabuñas
Coa colaboración de Carabuñas.

As propiedades antioxidantes do sabugueiro proveñen dos seus altos contidos en flavonoides e polifenois, entre os que destacan as antocianinas (substancias responsables da característica cor escura do froito, e entre as que destaca a presenza de cyanidin 3-glucoside e cyanidin 3-sambucoside), os flavonois (especialmente a quercetina) e os ácidos fenólicos. Estes polifenois están presentes tanto nas flores coma nas bagas do sabugueiro, dúas partes da planta das que se pode obter un aproveitamento alimenticio.

No caso concreto das bagas, diversos autores atribúenlle a estes alimentos unha das maiores potencias antioxidantes entre o grupo das pequenas froitas. Concretamente, unha análise sistemática publicada en 2002 en Journal of Nutrition detectou, para varios tipos de bagas, unha moi alta capacidade na camariña negra, o arando silvestre, a grosella negra e a mora silvestre, despois das cales se atopa inmediatamente o sabugueiro. Tras el, o listado continuaba coas consideradas de alta capacidade antioxidante: framboesa, arando cultivado e amorodo, entre outras. 

Este traballo, elaborado co apoio de institucións nórdicas como a Norwegian Cancer Society, a Research Council of Norway, o Novo Nordic Foundation, Eckboes Foundation e a Throne Holst Foundation, obtivo os seus resultados a través de técnicas de ensaio FRAP (correspondente ás siglas Ferric Reducing Ability of Plasma), unhas probas que habitualmente se empregan na medición da capacidade antioxidante de alimentos, bebidas e suplementos alimenticios que conteñen polifenois.

Un gran descoñecido en Galicia

Aínda que o sabugueiro é unha planta moi habitual en Galicia, especialmente en zonas próximas a ríos, o seu aproveitamento para usos alimentarios e gastronómicos non está moi estendido na comunidade. No caso da baga, debe consumirse madura ou procesada, pois o froito verde contén elementos tóxicos se son inxeridos directamente.

A composición do sabugueiro depende de varios factores como son a variedade da planta, o grao de madurez ou as condicións ambientais e climáticas. En xeral, é unha boa fonte de antioxidantes e de proteína, posúe varios tipos de aminoácidos, ácidos graxos insaturados, fibra, vitaminas (dos grupos A, B, e C) e tocoferol. Tamén contén varios minerais, entre eles potasio, ferro e fósforo.

“Cando falamos de alimentos con alto contido en antioxidantes case nunca pensamos no sabugueiro, que é propio de Galicia e moi abundante”, indica Nelson Alonso, de Carabuñas

Como gran descoñecida, esta planta tampouco viña sendo tida en conta á hora de difundir as propiedades beneficiosas que si se recoñecen habitualmente noutras froitas e bagas. “Cando falamos de alimentos con alto contido en antioxidantes sempre tendemos a pensar noutros produtos como pode ser o arando. E case nunca pensamos no sabugueiro, que é propio de Galicia e moi abundante”, indica Nelson Alonso, un dos responsables Carabuñas, única marca na comunidade dedicada ao aproveitamento desta planta

Nese sentido, Alonso indica que, “a base de moito traballo”, desde Carabuñas están a poñer en valor “un recurso que temos en Galicia de forma silvestre e que está moi desaproveitado” pese a que pouco a pouco a ciencia vai comprobando as súas propiedades beneficiosas para a saúde.

Beneficios para a saúde

O potencial antioxidante e protector desta planta ten sido atribuído en doenzas de diverso tipo, as cales foron recompiladas nun artigo publicado en 2015 no Journal of Functional Foods, unha revisión da literatura científica que precisamente aborda o poder antioxidante e beneficios para a saúde do sabugueiro na alimentación. O traballo menciona doenzas respiratorias, catarros, enfermidades cardiovasculares, diabetes e obesidade. 

De igual xeito, apunta que tamén ten sido confirmado un “impacto significativo” no sistema inmune, a actividade antiviral e a antibacteriana, así como a “protección contra a radiación UV” e as súas consecuencias negativas para o organismo. 

Os autores deste estudo, que contou con financiamento do proxecto europeo ‘Bioactive Food’, conclúen que os resultados son “prometedores”. En todo caso, precisan que cómpre desenvolver estudos adicionais a fin de abordar cuestións como os mecanismos de interacción dos compoñentes do sabugueiro ou a súa estabilidade durante o almacenamento e uso en sistemas complexos como, por exemplo, na comida.


Referencias:

Advanced research on the antioxidant and health benefit of elderberry (Sambucus nigra) in food – A review (Journal of Functional Foods).

A Systematic Screening of Total Antioxidants in Dietary Plants (Journal of Nutrition).


Coa colaboración de Carabuñas.

1 comentario

  1. A resposta está na botánica que por estes lares é
    unha descoñecida .
    Ollemos os franceses é a súa potente dietética .
    Pensemos como por exemplo o arando vermello
    tén interesantes aplicacións na saúde , por exemplo , da próstata . Mesmo a semente de cabazo resulta ser interesante neste sentido .
    Coido que hai moito que innovar neste senso …

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

‘Skincare’, cuestión de saúde? : “Hai que diferenciar entre dermatoloxía e cosmética"

O experto Juan García Gavín apunta que aínda unha gran parte da poboación cre que o coidado da pel provén do mero interés estético

O sarampelo rexorde con forza en Europa: que podemos facer?

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de As autoridades sanitarias portuguesas confirmaron un novo caso de...

Confirmado: fumar prexudica as defensas incluso anos despois de deixalo

O tabaquismo produce alteracións na inmunidade innata e adaptativa, así como cambios epixenéticos que se manteñen durante décadas

De beber? Auga, pero que sexa reciclada, por favor

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de Quizais aínda non o saiba pero, do mesmo...