Publicidade

Os Museos Científicos Coruñeses celebran o Día da Ciencia na Rúa cunha xornada de portas abertas

O Parque de Santa Margarida será o epicentro das actividades nas que participarán un milleiro de estudantes e profesores de 54 centros educativos

O Parque de Santa Margarida converterase un ano máis no epicentro de centos de actividades no Día da Ciencia da Rúa. A bioloxía, tecnoloxía, matemáticas e física estarán ao alcance de todos os públicos e da man de preto dun milleiro de escolares e profesorado de 54 centros educativos da Coruña, Betanzos, Cambre, Carral, Arteixo, Cerceda, Culleredo, Coristanco, Oleiros, Ordes, Pontedeume, Outes, Arzúa, Ribadeo, Miño, Ortigueira, As Pontes, Baio, Ribeira e Poio. Ademais, os Museos Científicos Coruñeses celebrarán unha xornada de portas abertas.

Un hotel de insectos, experiencias sobre hidróxeno verde, lentes de realidade virtual para ver o interior do corpo humano, un túnel do vento, a construción dun periscopio, un obradoiro de panadería, un código Morse con Arduino, un proxecto de simulación da ecolocalización dos morcegos, filtros naturais para a auga ou un piano electrónico onde as teclas son froitas son algunhas das propostas que traerán desde as súas aulas para convidar o público a gozar e aprender neste día.

Publicidade

Xunto a eles, persoal da investigación e divulgación presentarán un diverso programa de actividades para toda a cidadanía nos postos da Cátedra Emalcsa-UDC, a Facultade de Ciencias da UDC, a Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña, o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA), o Centro de Investigación en TIC (CITIC), o Centro Oceanográfico da Coruña, o Instituto de Investigacións Biomédicas da Coruña (INIBIC), a Fundación IMQ San Rafael, o Servizo Municipal de Educación da Coruña, a asociación Luzada da USC ou a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Tamén haberá numerosas actividades paralelas na contorna do edificio da Casa das Ciencias ofrecidas pola Asociación Galega de Xadrecistas-AGAX, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Bricolabs, Incude (Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias), UDCiencia d+i, ademais dun concerto da Banda Municipal da Coruña ás 12.00 horas e un espectáculo de monólogos científicos da man da Ciencia Calidade a partir das 17.30 horas.

Publicidade

Aperta da Domus, do Aquarium e da Casa das Ciencias

Os Museos Científicos Coruñeses programan este día cunha xornada de portas abertas nos seus tres centros, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, en horario de 10.00 a 19.00 horas (último acceso ás 18.00 horas no Aquarium, ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus).

Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse cun máximo de 3 días de antelación. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva. A visita á Casa das Ciencias e á Domus será libre, sen reserva previa, e sempre que a capacidade non estea completa.

As persoas que queiran asistir a unha sesión de planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo, entregando un máximo de dúas invitacións por persoa. Haberá estas sesións:

  • 11.00 h «Á procura da estrela Rosalía». Sesión en directo (galego, dirixido a maiores de 10 anos).
    • 12.00 h «Polaris» (galego, dirixido a maiores de 7 anos).
  • 13.00 h «Viajando por el sistema solar». Sesión en directo (castelán, dirixido a maiores de 10 anos).
  • 16.00 h «A voltas coa estrela Polar». Sesión en directo (galego, dirixido a maiores de 10 anos).
  • 17.00 h «Hazelnuts» (castelán, de 4 a 7 anos).
  • 18.00 h «Imaginando constelaciones». Sesión en directo (castelán, dirixido a maiores de 10 anos).

Organizado por Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña, Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e Cátedra EMALCSA-UDC, e coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.


Podes reservar as entradas do Aquarium Finisterrae nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tradición, comparsas e disfraces: así celebraba Galicia o Entroido no século pasado

O arquivo fotográfico das institucións galegas permite unha volta ao pasado para desfrutar destes históricos festexos

Primavera anticipada? Galicia roldará esta semana os 20 graos en pleno febreiro

Unha profunda borrasca no Atlántico afectará ao litoral galego creando unha alerta amarela por ondas de entre catro e cinco metros de altura para este martes e mércores

A eclipse total que somerxerá a parte de Galicia na sombra nun minuto

O fenómeno astronómico terá lugar en 2026 e, a diferenza dos que sucederán en 2027 e 2028, será visible en todo o seu esplendor no norte

Pode o dixital ‘matar’ os museos de ciencia e tecnoloxía?

Os máis críticos consideran que a dixitalización das salas distancia os visitantes das pezas físicas das exposicións