A Domus celebra unha feira para experimentar coa ciencia

Tamén organiza mañá unha xornada de portas abertas, pero é preciso inscribirse con antelación

Hai algo mellor que experimentar coa ciencia? Máis aínda se esa experiencia é en familia. Mañá, 2 de abril, a Domus celebra unha xornada de portas abertas. Iso si, é imprescindible reservar as entradas con antelación. Amais de obradoiros e experiencias científicas inesquecibles, celébrase a final do programa “Imaxina Coruña”, organizado polos servizos de Educación e Museos Científicos do Concello da Coruña.

O seu obxectivo é difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado da ESO e do Bacharelato. Partindo do tema proposto para este curso, novos materiais para un mundo mellor, convidóuselles a desenvolver unha investigación ou deseño tecnolóxico utilizando a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñeira e as matemáticas para resolver un problema real na sociedade.

Publicidade

Na fase final, que se celebra mañá na Domus, o alumnado participante presentará os seus proxectos ante un xurado e ante o público, en horario de 11.30 a 14 horas e de 16 a 17.30 horas. Unha vez visitados os espazos, o xurado retirarase a deliberar, comunicará un veredicto e realizarase unha entrega de premios, que terá lugar ás 18 horas.

Máis actividades

Pero a xornada non remata aquí, senón que se completará con diversos talleres e espectáculos científicos para todos os gustos e públicos:

Publicidade

    • Imaxina xove. A asociación xuvenil XenTd100cia presentará os seus experimentos en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
    • Imaxina Ciencia. Un espectáculo científico para toda a familia a cargo do divulgador científico David Ballesteros. Haberá dúas sesións, ás 12,30 e ás 17 horas. Repartiranse invitacións para este espectáculo entre as persoas que estean a visitar o museo. As invitacións da sesión das 12,30 repartiranse, ata completar espazo, a partir das 11 horas na recepción do museo; as da sesión das 17 horas repartiranse a partir das 16,30 horas.
    • Taller C-Olores de Alexandría. As persoas máis novas e as máis maiores conversarán sobre os  recordos vinculados aos aromas a través da composición dunha historia olfativa en viñetas. Despois sacaranse as historias á luz para darlles brillo. Este taller estará impartido por OdourCollect, premiado co Prisma Casa das Ciencias 2021 na categoría de mellor proxecto singular. Celebrarase en horario de 11 a 14 horas, e de 17 a 19 horas.

Para reservar as entradas podes ir á seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha rara bolboreta nocturna reaparece en Galicia tras 150 anos e logra reproducirse

A observación dun exemplar en Fene e o posterior achado de eirugas confirman a presenza da esfinxe da adelfa, migratoria e pouco habitual no Atlántico

Estas son as catro guías que che permitirán descubrir a provincia da Coruña a través dos ollos dos locais

A iniciativa, impulsada pola Deputación e 20xvinte, comparte recomendacións de produtores, restauradores, axentes de viaxes e prescritores

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos