Estes son todos os varamentos en Galicia en só 70 días de 2019

A Cemma publica unha infografía cos arredor de 125 mamíferos e tartarugas atopadas desde comezos de ano nas costas galegas

Arredor de 125 varamentos desde que comezou 2019, a un ritmo de case dous cada día, e con xornadas na que chegaron a aparecer unha decena de animais nas costas galegas. É o reconto que fixo público este mércores a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), cunha infografía na que recolle todos os varamentos que rexistrou este ano.

“A maior parte dos casos son de golfiños comúns (Delphinus delphis)”, explica Alfredo López, con decenas de exemplares mortos. A cifra total chega case á metade da media anual (280 varamentos) aínda que a maioría deles se producen entre febreiro e marzo. Non en tanto, este ano foi extraordinaria a aparición de mamíferos mariños en xaneiro, entre os que estaban grandes cetáceos, como as baleas de Ponteceso, A Coruña ou Muxía.

Publicidade

Entre as outras especies, destacan tamén a tartaruga de coiro, arroaces, arroaces botos, caldeiróns, toniñas, focas ou cachalotes. Case todos eles apareceron xa mortos, e o resto moi debilitados, polo que non puido facerse nada máis para salvarlles a vida.

Liberación de Barizo

Publicidade

Por outra banda, o pasado 8 de marzo, desde o porto de Vigo partiu a bordo do arrastreiro Patricia Marta o lobo mariño Barizo, que aparecera o 6 de xaneiro neste porto de Malpica e que se recuperou durante dous meses na UCI do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) da Illa de Arousa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Radiografía da caza de baleas: un libro ilustra a pegada histórica da actividade en Galicia

A obra explora oito séculos de pesca dos cetáceos a través de 50 localidades do norte peninsular

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal