Outra balea morta na costa galega, esta vez en Ponteceso

Un macho adulto, de 18 metros e arredor de 20 toneladas, apareceu varado na mañá do sábado na praia de Valarés, na ría de Corme e Laxe

Despois dos cinco varamentos das últimas semanas, outra balea común (Balaenoptera physalus) apareceu esta mañá na praia de Valarés, en Ponteceso. O exemplar, un macho (como se pode na imaxe, polo pene) de 18 metros e arredor de 20 toneladas, foi atopado esta mañá no areal pontecesán. As evidencias apuntan a que podería levar varios días morta, debido a que o corpo amosaba algúns síntomas de deterioro.

Outra imaxe da balea de Ponteceso. Fonte: GES Ponteceso / CEMMA.
Outra imaxe da balea de Ponteceso. Fonte: GES Ponteceso / CEMMA.

Segundo informa Pablo Covelo, da Cemma, estanse valorando agora as opcións para retirar o animal da praia, que requerirá a intervención de maquinaria pesada debido ao seu tamaño. Este novo varamento, segundo explica Covelo, vén confirmar o “extraordinario” da sucesión de grandes cetáceos nas últimas semanas nas costas galegas. “Algúns anos podería haber unha balea adulta, ou como moito dúas ou tres, por esta época, pero o deste ano está por riba das cifras habituais”, subliña Covelo.

Publicidade

A última delas foi unha cría atopada en Nemiña o mércores. O de Ponteceso é o terceiro exemplar adulto de balea común que aparece morto en só un mes. O primeiro deles, na ría de Pontevedra, entre Marín e Bueu, tiña evidencias dun choque cun barco, xa que a columna presentaba unha fractura. Foi remolcada e rescatada, e posteriormente incinerada, como se adoita facer nestes casos.

“É extraordinario que tantas baleas aparezan na costa”

Poucos días despois, en Oia, outra balea común adulta apareceu morta no litoral. Estaba nunha zona de difícil acceso tanto por terra como con marea alta e baixa, polo que a súa retirada é técnicamente imposible. Alí segue, descompoñéndose, e xerando unha notable afluencia de curiosos. Tamén preto de Galicia, en Aveiro, un exemplar de 19 metros apareceu en novembro.

Publicidade

Ademais dos grandes cetáceos, a Cemma leva rexistrados desde comezos de ano un total de entre 15 e 18 varamentos, sobre todo golfiños comúns, e algunha tartaruga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións

Unha eclipse e o último solpor: a Costa da Morte vivirá un espectáculo astronómico único en Europa

O proxecto Atlantic Sunset sitúa Galicia entre os mellores enclaves do continente para a observación do fenómeno cunha magnitude de totalidade próxima ao 99%

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal

A historia das tartarugas que chegaron a Galicia tras o tren de borrascas e agora regresan ao mar

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños liberará a 'Tanxil' e 'Noetiña' fronte á ría de Vigo na embarcación 'Novo ollo do mar'