O tubícola chusco, un peixe que semella extraterrestre

Ás veces é difícil saber se son máis raras as creacións da natureza ou os nomes ridículos que os humanos lles damos. Tal é caso do tubícola chusco (Neoclinus blanchardi ), este peixe con aparencia de extraterrestre. Vive en cunchas, nas gretas das rochas ou mesmo no lixo submarino e fitan o mundo cos seus grandes ollos.

Estas criaturas que destacan polo seu mal humor viven nas augas do Pacífico, fronte ás costas de América do Norte, desde San Francisco, nos Estados Unidos, ata a Baixa California en México. Son depredadores de emboscadas, polo que lles presta vivir agochados para atacar ás súas presas.

Publicidade

Ademais, os tubícolas chuscos son tremendamente territoriais. Cando os machos rivais se achegan demasiado, despregan bocas sorprendentemente grandes e cheas de cores para aumentar o seu aspecto ameazador.

Se un dos machos non retrocede, comea unha batalla de bicos, cos dous rivais presionando boca a boca, como podes ver neste vídeo:

Publicidade

O biólogo mariño Watcharapong Hongjamrassilp vén de publicar a súa tese doutoral, na que suxire que estes peixes utilizan a cor das súas bocas para comunicarse entre si, ademais de para intimidar aos seus inimigos. En calquera caso, tamén conseguen abraiar aos seres humanos, coa súa aparencia de criaturas doutra galaxia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O xenoma do anisakis permite desenvolver unha nova ferramenta para o control do parasito

Un estudo con participación galega senta as bases para mellorar os programas de vixilancia e contribuír a un consumo de peixe máis seguro

A xouba capturada de forma artesanal, un manxar tan saudable como sostible

A sardiña é unha fonte portentosa de ácido graxo omega-3, un composto clave pola súa actividade biolóxica a nivel estrutural, metabólico e cardiovascular. Por Gumersindo Feijoo Costa / USC

Que peixes son os máis sans para comer?

A seguridade fronte a contaminantes é clave no consumo de especies mariñas, co metilmercurio como principal risco sanitario. Por Antonio Figueras

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri