Aparece morta unha balea de 20 metros e 30 toneladas en Bueu

Sobre as 9.30 da mañá, Salvamento Marítimo recibía o aviso da aparición dun gran exemplar de balea común (Balaenoptera physalus) en augas próximas a Beluso, no concello de Bueu, na ría de Pontevedra. O seu volume, con 20 metros de lonxitude e máis de 30 toneladas de peso, obrigou a tomar precaucións na zona, onde hai un importante tráfico marítimo e varios polígonos de bateas, para evitar percances.

Imaxe de Salvamento Marítimo remolcando a balea de Bueu.

Segundo informou Alfredo López, da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), o animal estaba xa en avanzado estado de descomposición, e estímase que levaba morto entre 5 e 7 días. Porén, segundo López, chama a atención que “a columna vertebral estaba totalmente fracturada“, o que é un indicio de que puido ser atropelada en alta mar por un barco de grandes dimensións e morrer debido aos golpes. Mais alén da fractura non había sinais que confirmasen esta posibilidade.

Publicidade

O animal, despois de ser remolcado polo María Pita, foi retirado do mar por unha grúa e varios camións sacárona do peirao de Marín. Como é habitual nestes casos, estaba escoltada por un gran número de aves, sobre todo gaivotas, intentando sacar tallada de toneladas de alimento á súa disposición.

Segundo indicou Alfredo López, trátase dun dos exemplares máis grandes que apareceron mortos en Galicia nos últimos anos. Vai ser incinerada.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Especie vulnerable ou en perigo crítico? Un documental analiza a situación da candorca ibérica

O proxecto, no que participa a CEMMA, achega a visión de diferentes expertos sobre as interaccións cos cetáceos e incide en que non deben considerarse ataques

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal