Mars Express retrata un cráter de xeo de 82 quilómetros de diámetro

Xa sabiamos da presenza de xeo en Marte, pero a imaxe que fixo pública esta semana a Axencia Espacial Europea non deixa de abraiar. A sonda Mars Express conseguiu tomar unha imaxe do cráter Korolev, un enorme furado de 82 quilómetros de diámetro situado no polo Norte do planeta, un pouco ao sur das dunas de Olympia Undae.

O volume de auga conxelada que acumula o cráter é colosal. Crese que Korolev ten máis de 2.000 metros de profundidade, e deles, 1.800 están cubertos polo xeo. A masa abrangue máis de 60 dos 82 quilómetros do seu diámetro. Por tanto, o volume estimado é de 2.200 quilómetros cúbicos de xeo.

Publicidade

Topografía do cráter Korolev. Fonte: ESA/LR/ FU Berlin. CC BY-SA 3.0.

A trampa fría do cráter de xeo

As dimensións do cráter Korolev (chamado así na honra do pai da enxeñaría aeroespacial soviética) provocan un curioso efecto. Aínda que en Marte existen variacións estacionais, o aire que se sitúa sobre o cráter vese afectado pola gran masa xeada, arrefriándose durante todo o ano. Por tanto, o frío arredor de Korolev fica estable. É o que se coñece en astronomía como trampa fría.

Máis información sobre o cráter de xeo Korolev, na web da Axencia Espacial Europea (ligazón, en inglés).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Alén Space lidera un proxecto europeo para detectar interferencias de radiofrecuencia dende o espazo

A empresa galega coordina a iniciativa financiada pola Axencia Espacial Europea que terá unha duración de 24 meses

Así capta unha fotografía astronáutica a iluminación nocturna de Galicia

Este mosaico constitúe a primeira representación en cor da noite europea, elaborado con máis de 7.000 imaxes tomadas dende a Estación Espacial Internacional

Rumbo ao espazo dende Ourense: os estudantes que lanzaron satélites a 600 metros de altitude

A iniciativa CanSat, na que participou alumnado de 16 comunidades autónomas, está promovida pola Axencia Espacial Europea

Como podes ver esta noite a grande aliñación planetaria dende Galicia

O 28 de febreiro os concellos das Rías Baixas terán ceos despexados, o que facilitará a observación dos corpos celestes formando un arco sobre a Terra