Unha balea de 19 metros aparece preto de Aveiro

A balea común apareceu na praia de Mira, ao sur de Aveiro. Foto: Elia Costa/ SPVS.
A balea común apareceu na praia de Mira, ao sur de Aveiro. Foto: Elia Costa/ SPVS.

Decenas de persoas achegáronse levan desde o luns achegándose á praia de Mira, unha localidade do distrito de Coímbra situada ao sur de Aveiro, onde apareceu na segunda feira un enorme exemplar de rorcual ou balea común (Balaenoptera physalus). O animal amosaba xa un importante grao de descomposición, o que vai dificultar as tarefas de retirada dos restos da praia, que ían comezar na xornada do mércores.

Segundo recolleu o xornal Público, desde o Comando Local do Porto de Aveiro indicaron que se trata dunha balea de sexo masculino, que mide arredor de 19 metros de lonxitude e ten un peso de “entre 18 e 20 toneladas”.

Publicidade

 

Ao lugar acudiron tamén responsables do Centro de Reabilitação de Animais Marinhos (CRAM), que tomaron mostras do animal, como tecidos de pel e músculo, para afondar na caracterización xenética. Segundo indicaba o diario Observador, en agosto deste ano xa aparecera na mesma praia outra balea de 7,80 metros de lonxitude e tres toneladas de peso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A inesperada visita dunha balea á Costa da Morte

Unha familia francesa que se atopaba realizando unha actividade de pesca con Fish-Terra atopou o rorcual preto da lancha na que viaxaban
00:02:11

Avistada unha balea xibarte adulta preto de Malpica

O exemplar ten un tamaño aproximado de 12-15 metros. En Galicia esta especie avístase aproximadamente unha vez ao ano

As baleas déixanse ver nas costas galegas: avistado un rorcual alibranco en Cangas

Os expertos explican que os xigantes do océano navegan nas augas de Galicia todo o ano, aínda que agora se concentren máis para alimentarse

Aparece en Ferrol unha balea xibarte morta de case 10 metros

É o primeiro cetáceo desta especie que vara en Galicia dende 2011, e puido morrer ao quedar engachado en aparellos de pesca