Aparece en Ferrol unha balea xibarte morta de case 10 metros

É o primeiro cetáceo desta especie que vara en Galicia dende 2011, e puido morrer ao quedar engachado en aparellos de pesca

A última hora do luns na praia de Marmadeiro, no municipio de Ferrol, apareceu varada unha balea xibarte duns dez metros de lonxitude e de entre seis e oito toneladas de peso. Ata o lugar desprazáronse voluntarios de Protección Civil de Ferrol e a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) que a amarraron á terra para non ser arrastrada pola marea.

Dende o Cemma afirman que é a primeira balea xibarte que vara en Galicia dende o ano 2011. O cetáceo foi visto hai días na zona de cabo Prior, polo que os técnicos cren que puido quedar enganchado polos utensilios de pesca. Antes de retiralo, o Cemma tomará mostras do animal para esclarecer as causas da súa morte e despois será incinerado.

Publicidade

O cetáceo varado na beira da praia. Vídeo: Cemma.

Probablemente, a balea xibarte é unha das especies máis coñecidas destes cetáceos. Ten unhas longas aletas pectorais e son famosas pola súa afición a saltar fóra da auga e polos seus particulares cantos. Nadan en augas costeiras, polo que sufriu miles de capturas dende o século XVI. De feito, calcúlase que só no século XX se mataron sobre 250.000.

Despois de décadas de caza, esta especie logrou recuperarse, con todo, a subida da temperatura do mar é a súa principal ameaza. En 2022 saíu fóra da lista de especies en perigo de extinción mais as condicións climáticas poden obrigalas a abandonar as súas zonas de cría tradicionais nos trópicos.

Publicidade

Balea xibarte atopada en Ferrol. Foto: Cemma

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

De residuo da pesca á rexeneración ósea: un estudo galego revela o potencial do coláxeno mariño

O traballo, liderado dende a USC, apunta á biocompatibilidade de restos de peixe e esponxas e ao seu potencial como alternativa ás variantes de orixe mamífera

Atopados os restos óseos de tres individuos na foxa común de Serantes 

A cata arqueolóxica coordinada por Histagra confirma a presenza dun enterramento irregular que podería acoller preto de 200 vítimas da violencia golpista

Achada no Castro de Esemelle unha peza dun colar con posible orixe na illa grega de Rodas

A escavación, impulsada pola UDC e o Concello de Ferrol, tamén sacou á luz fragmentos dunha vaixela con decoración sogueada, moi característica da cultura castrexa

Que peixes son os máis sans para comer?

A seguridade fronte a contaminantes é clave no consumo de especies mariñas, co metilmercurio como principal risco sanitario. Por Antonio Figueras