Illas Atlánticas, un destino de ciencia

Primeira entrega da guía turística Observer das Illas Atlánticas

A creación do Parque Nacional Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG), no ano 2002, supuxo un gran recoñecemento para os pioneiros que loitaron por un mundo no que puidésemos convivir coa natureza, e así preservala para as xeracións futuras.
Visitar calquera das illas que conforman este espazo protexido é mergullarse nunha das contornas naturais máis emblemáticas da costa galega e afondar na súa cultura.


Localizadas nas famosas Rías Baixas, estas illas constitúen unha fermosa barreira natural que protexe a liña de costa. Nelas, as forzas da natureza poñen a proba a valentía dos inmensos bloques graníticos que as conforman, dando lugar a unha paisaxe de contrastes. Os abruptos acantilados, que miran desafiantes o inmenso océano, contrastan con fermosas praias e dunas de area branca.

Publicidade

Un universo de salitre

Todo un universo marcado pola salitre, no que a vexetación se foi adaptando a vivir nunha contorna hostil e na que as aves mariñas atoparon refuxio, formando algunhas das colonias máis grandes de Europa. O Parque Nacional Illas Atlanticas de Galicia é un cúmulo de emocións salgadas que non deixan indiferente a ningún dos visitantes que deciden achegarse a admiralo.

Grazas a unha contorna privilexiada, as illas de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada convertéronse tamén en testemuñas da historia. Ao longo dos tempos, os seus habitantes deixaron pegadas en forma de castros, mosteiros, fábricas de salgadura, dornas e multitude de lendas que farán que o visitante sexa partícipe dun patrimonio cultural e etnográfico de incalculable valor.
Con todo, e sen dúbida, o maior segredo deste Parque Nacional agóchase baixo a superficie. A produtividade das súas augas e a multitude de ambientes mariños que o conforman, son a orixe dun ecosistema único no mundo, no que a biodiversidade da flora e fauna mariñas son o tesouro máis prezado.

Publicidade

Descarga aquí a primeira entrega da guía.


DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha campaña confirma a ocupación do castro das Cíes dende a época castrexa á Idade Media

O estudo levou a cabo dúas sondaxes na zona que confirmaron a presenza dun importante asentamento humano previo á chegada dos romanos

A alga asiática que arrasa Cádiz chega as Cíes e expándese pola costa galega

Unha especie invasora detectada previamente en Cádiz consolida a presenza en augas do noroeste e preocupa polo seu impacto ecolóxico e económico

Ciencia ou engano? A UDC impulsa un estudo que di tratar o envellecemento con auga das Cíes

A universidade acepta o encargo de investigar teses baseadas nun fisiólogo francés que afirmaba reanimar cans con auga de mar

O Porto de Vigo inicia a vertedura de 220.000 toneladas de dragaxes a 3,6 millas de Cíes

O ministerio reabre o vertedoiro submarino xunto a Sálvora e habilita un terceiro a 5,5 quilómetros de Ons, onde descansarán as escavacións do Lérez