Venres 29 Marzo 2024

Os encontros con candorcas levan a limitar o tránsito de veleiros entre Prioriño e Bares

A medida afecta a barcos a vela de 15 metros de eslora ou menos, e durará unha semana, aínda que é posible que se estenda no espazo ou no tempo

As interaccións dun grupo de candorcas (Orcinus orca) con pequenos veleiros que tiveron lugar nas últimas semanas nas costas de Galicia, sobre as que as persoas expertas non teñen constancia de precedentes, acaban de provocar unha situación igualmente inaudita: unha resolución da Capitanía de Ferrol da Dirección Xeral da Mariña Mercante limita, durante unha semana a partir da noite do martes ao mércores, a navegación dos barcos veleiros de eslora igual ou inferior a 15 metros no espazo marítimo adxacente entre o Cabo Prioriño Grande e a Punta de Estaca de Bares. nunha entrevista con elDiario.es,A decisión sorprendeu á propia Mariña Mercante: o seu director, expuxo que “nunca pensaría ter que decretar a prohibición da navegación nunha zona por ataques de candorcas”.

A medida, que se podería estender tanto no tempo como no espazo, segundo se vaia seguindo a ruta migratoria das candorcas, ten por obxecto previr novos encontros cos cetáceos, despois de producirse nas últimas semanas incidentes con algúns veleiros, sobre todo no temón das embarcacións. Algunhas destes incidentes requiriron a intervención de efectivos de Salvamento Marítimo. Este martes produciuse un novo episodio que provocou a rotura do temón dun buque, sendo remolcado ata Muros pola Salvamar Regulus.

Publicidade

Segundo expón o Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana (Mitma), as interaccións con orcas afectaron, sobre todo, a veleiros de tamaño medio, dunha eslora igual ou menor a 15 metros; entre as 2 e as 8 millas náuticas de costa e a unha velocidade de navegación que oscilaba entre os 5 e os 9 nós, xa fose exclusivamente a vela ou a vela e motor.

Os perigosos encontros con candorcas en Galicia, un feito sen precedentes

A medida establece unha excepción para que os veleiros poidan navegar de forma perpendicular á área delimitada para acceder á zona costeira ou saír dela cara ao mar.

Na resolución, a Dirección Xeral da Mariña Mercante asegura que esta medida adóptase para “garantir a integridade das persoas e a das propias orcas” e resalta que se trata dunha medida “proporcionada, obxectiva e non discriminatoria en salvagarda mutua da conservación da biodiversidade mariña e da seguridade da navegación”.

Alén disto, a Mariña Mercante tamén recorda aos navegantes a obriga de cumprir co Real Decreto 1727/2007 de medidas de protección dos cetáceos, no que se indica que, en caso de encontro cun cetáceo mentres se navega, débese manter a navegación co mesmo rumbo e velocidade, sen realizar cambios bruscos nin tratar de aproximarse a menos de 60 metros do exemplar ou exemplares.

A limitación da navegación de veleiros na costa galega decrétase pouco despois dunha comparecencia de prensa na que o Grupo de Traballo de Candorcas Atlánticas, composto por expertos españois e portugueses, achegase información sobre os contactos entre os cetáceos e embarcacións que se produciron desde agosto ao longo do litoral oeste da Península Ibérica.

Desde o pasado 10 de agosto, cando uns ornitólogos realizaron avistamentos no cabo Touriñán, producíronse 29 contactos con humanos no litoral, segundo explicou o biólogo Alfredo López, da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma). Aclaran os expertos, dentro destes contactos, as diferenzas entre avistamentos e interaccións, nas que hai unha aproximación clara ás embarcacións. Así, dos 29 encontros, 13 foron avistamentos e 16, interaccións.

Segundo a información recollida ata o momento, Alfredo López expuxo que, destas 16 interaccións, o 10% non tiveron ningunha consecuencia, o 24% tiveron consecuencias leves e, no 20% destes casos, producíronse impactos de consideración que chegaron a impedir a navegación dos buques afectados. Nalgúns casos rexistrados, os animais chegaron a romper o temón da embarcación, mesmo provocando xiros de 180º nos buques.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:00:22

Ibai, Luceira e Lula: as tres tartarugas que vararan en Galicia volven ao mar

Despois de pasar por un centro de recuperación e expulsar todos os plásticos do tracto dixestivo poden regresar ao océano

“As toxicidades atraídas polos ‘pellets’ son unha ameaza para os animais mariños”

Dende a Cemma apuntan que o máis preocupante é o risco de afección que sofren os mamíferos acuáticos
00:00:25

Un lobo mariño na Coruña: "A chegada dunha femia adulta ás costas é inusual"

A Cemma segue a ruta deste exemplar dende o 30 de decembro, cando foi avistada en Burela

Este vídeo amosa todos os plásticos extraídos dun cetáceo varado na Coruña

Gran parte dos varamentos destas especies débese á presenza de residuos humanos que obstrúen o seu sistema dixestivo