Sábado 20 Abril 2024

Científicos abren un debate ético: sería ‘cruel’ criar polbos en granxas

Un artigo conxunto nunha revista científica advirte das conscuencias para estes cefalópodos de ser criados en tanques

O cultivo do polbo en catividade está máis preto que nunca. O Centro Oceanográfico de Vigo rexistrou en 2018 unha patente que explotará Pescanova, mentres que o Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC-Vigo) tamén entrou na carreira cun proxecto que participa a Armadora Pereira. Falamos dunha especie que os científicos consideraban ‘indomable’ e na que agora se están a dar pasos decisivos para a súa cría en acuicultura. Sen embargo, esta nova tecnoloxía terá tamén os seus condicionantes éticos. Como os que agora expón un equipo internacional de científicos ambientais nun artigo na revista Issues in Science and Technology.

A clave de todo está na intelixencia dos polbos. Porque os autores consideran que, nunha crianza masiva, pasarán a deprimirse ao vivir nun ambiente que non favorecerá a súa natural disposición aos retos. Vivir nun acuario podería ser demasiado aburrido para estes cefalópodos.

Publicidade

Os polbos nunca deben cultivarse, argumentan os autores, por dous motivos éticos: pola súa intelixencia e polos impactos ambientais que crearían esas granxas.

Os primeiros impactos que describe o artigo inclúen a contaminación por nitróxeno e fósforo a partir de refugallos animais, mestizaxe e propagación de doenzas, xunto á perda de hábitats, por nomear algúns. Pero a maior preocupación ambiental é a dieta do polbo. Como a maioría das criaturas acuáticas de granxa, son carnívoros e necesitan proteínas na súa dieta. E as larvas de polbo só comen comida viva, que ten que vir dalgún lugar. “Alimentar á maioría dos animais acuáticos de granxa exerce unha presión adicional sobre os peixes silvestres e os invertebrados para obter alimiento para as granxas”, escribiron os investigadores .

“Arredor dun terzo da captura mundial de peixes destínase para alimento doutros animais, e aproximadamente a metade dos cales vai para a acuicultura. Moitas pesquerías de fariña de peixe están suxeitas á sobrepesca“, din os autores do traballo.

Cría de polbo. Imaxe: IEO.
Cría de polbo. Imaxe: IEO.

Pero o segundo apartado deste artigo é aínda máis controvertido: os autores din que manter aos polbos nas granxas industriais sería cruel.

Os polbos son ben coñecidos pola súa intelixencia e habilidades para resolver problemas. Cando son recluidos en acuarios, é común empregar xoguetes para evitar que estes cefalópodos se aburran. Poden abrir frascos, recoñecer a humanos individuais , lembrar crebacabezas que se lles deron antes ou mesmo escapar dun acuario atopando a saída.

Tamén amosaron comportamentos preocupantes en cativerio, incluído o canibalismo, e comer as puntas dos seus propios tentáculos (que podería ser o resultado dunha enfermidade infecciosa).

Nun ambiente sen estimulación, estes animais frústranse e aburren. “Máis aló da súa saúde e seguridade biolóxica básica, é probable que os polbos desexen altos niveis de estimulación cognitiva, así como oportunidades para explorar, manipular e controlar a súa contorna”, escribiron os científicos: “Os sistemas acuícolas intensivos son inevitablemente hostís a estes atributos”.

Os autores do estudo piden que se paralicen as investigacións para criar polbo en catividade: “Esperamos que se esta opción finalmente é viable, a sociedade recoñeza os graves problemas ambientais e de benestar asociados con tales proxectos e que se rexeite o cultivo de polbos” , escribiro.

Aquí podes consultar o ensaio foi publicado en Issues in science and Technology 35

E aquí podes ler máis sobre os avances en Galicia na cría do polbo en catividade:

O polbo, unha especie indomable que se resiste á súa domesticación

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte