Un acordo in extremis impide a paralización da frota do IEO pola súa profunda crise

O Ministerio de Ciencia encárgalle á empresa pública Tragsatec a prestación dos servizos dos buques oceanográficos e o apoio ás campañas

A crise que atravesa o Instituto Español de Oceanografía (IEO), entidade centenaria con centros na Coruña e Vigo, e que conta con centos de científicos na súa plantilla, marcou un punto de inflexión a pasada semana coa sinatura dun acordo “in extremis”, en palabras do colectivo de investigadores que leva tempo reclamando solucións aos problemas “estruturais” do instituto. A través dun comunicado, o Ministerio de Ciencia anunciou que encargará á empresa pública Tragsatec a “prestación do servizo de operatividade da frota de buques oceanográficos do IEO, a xestión náutica do Mytilus e o apoio ás campañas que o Instituto desenvolve noutros buques oceanográficos”.

Con este acordo, informa Ciencia, “garántese en tempo récord a operatividade da frota na súa totalidade”, a só un día da extinción do contrato vixente, que acababa o pasado sábado 29. Con este procedemento cubriranse diversas prestacións que precisa a frota, entre os que están a xestión integral dos buques, o servizo loxístico e de almacén da frota, a manutención das persoas que viaxen a bordo ou o subministro de combustible.

Publicidade

Ao mesmo tempo, O Ministerio de Ciencia e Innovación anunciaba que “continúa impulsando as xestións necesarias para a obtención dun suplemento de crédito” para que o IEO poida “facer fronte aos compromisos relacionados coas campañas oceanográficas e os proxectos de investigación”.

Dimisión do director

A decisión desde o Executivo tómase despois da dimisión do anterior director do IEO, Eduardo Balguerías, cuxa renuncia foi admitida polo Ministerio o pasado 21 de febreiro, como consecuencia da profunda crise da organización. Agora é Rafael González-Quirós, subdirector xeral de investigación da entidade, quen dirixe o IEO en funcións ata o nomeamento dun novo titular.

Publicidade

Na información na que daba conta da dimisión de Balguerías, Ciencia amosábase “consciente dos problemas de xestión“, e anunciou a creación dun grupo de traballo con científicos e xestores internos e externos para elaborar, nun prazo de dous meses, un informe da situación, coa proposta de medidas necesarias para a “recuperación total do IEO”.

A crise da institución, que xa denunciaran centos de investigadores en 2018, volveu poñerse de manifesto a mediados de febreiro despois de que un novo problema burocrático levase a amarrar os buques de investigación pola dificultade para sufragar os gastos.

O bloqueo burocrático volve poñer en dificultades os oceanográficos

1 comentario

  1. Coido que encargarlle a TRAGSATEC, unha encomenda para este asunto non é a solución mai axeitada. Non sei como se avaliaron as súas competencias para realizar estas actividades. O que si sei é que cando quérese externalizar unha actividade sempre se fai da mesma maneira.

    Tinhan que telo sacado a concurso público en libre competencia, ou ponher cartos no IEO, para que se encargaran eles ,que son os que mais deben saber do choio

    A dia de hoxe non ten sentido manter estrucucturas do franquismo, que ademais compiten co sector privado en condiciós de vantaxe

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

O CiQUS obtén o selo de Unidade de Excelencia María de Maeztu

O centro da USC recibirá arredor de tres millóns de euros para os próximos catro anos a través do recoñecemento do Ministerio de Ciencia

As microfibras son o principal microplástico detectado en bivalvos mariños

Un estudo do IEO de Vigo sinala que as febras azuis son as máis frecuentes e alerta de que as de celulosa rexenerada poden ter riscos comparables aos das sintéticas

Un novo modelo conceptual revela a elevada complexidade da dinámica do fitoplancto nas Rías Baixas

Un equipo do IEO-CSIC e da UVigo propón un enfoque por capas que evidencia a influencia dos afloramentos na organización das comunidades microscópicas