Luns 14 Outubro 2024

Deseñan desde Santiago os ‘pasamáns’ cos que se poderían crear novos nanomateriais

O grupo que dirixen Félix Freire e Emilio Quiñoá acaban de publicar o relevante avance na revista "Angewandte Chemie"

Un equipo de científicos do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acaba de publicar na revista Angewandte Chemie un artigo no que describen a síntese de varias “periferias” para os polímeros helicoidais, moléculas xigantes que posúen múltiples propiedades na escala nanométrica que as fan moi interesantes para eidos como a biomedicina e as telecomunicacións. O traballo describe o achado dunha especie de ‘pasamáns‘, cun aspecto semellante ás escadas en forma de caracol, que dá novas pistas sobre a estrutura e utilidade das mencionadas moléculas.

O obxectivo final desta liña de investigación aberta no CiQUS hai case unha década, é o desenvolvemento de novos nanomateriales que, mediante a combinación de distintas propiedades (ópticas, condutoras, magnéticas, encapsulantes…), dean lugar a nanocápsulas e outros nanocompostos con comportamento multifuncional.

Publicidade

“Coñecer ao detalle a estrutura dos polímeros helicoidais revelouse como unha das claves para abordar o deseño de novas aplicacións baseadas na disposición tridimensional destes, polo que o traballo actual resulta de gran importancia de fronte ao deseño de novos sensores e catalizadores, entre outros”, sostén Emilio Quiñoá, coautor do estudo e investigador principal do CiQUS.

Esteban Suárez é outro dos autores do artigo. Foto: CiQUS.
Esteban Suárez é outro dos autores do artigo. Foto: CiQUS.

O traballo dos investigadores galegos supón un salto cualitativo no estudo estrutural dos polímeros helicoidais. O grupo que dirixe Quiñoá xunto a Félix Freire, no que tamén se integra Esteban Suárez, é pioneiro na síntese de novas nanoestructuras quirales seguindo novas formulacións e único en Europa no estudo deste tipo de sensores poliméricos.

Publicidade

Este mesmo equipo xa publicou outros resultados relacionados en revistas de alto impacto como Journal of the Chemical Society e Chemical Science, enfocados ao desenvolvemento de sensores a partir de polímeros intelixentes capaces de responder a estímulos externos.

“Estas macromoléculas presentan como principal característica que o seu sentido de xiro helicoidal pódese axustar pola acción de diversos estímulos externos tales como temperatura, polaridade ou ións metálicos. En consecuencia, estes polímeros actúan como sensores. Como resultado, obtéñense nanoestructuras quirais con diferentes formas e, no seu interior, pódense encapsular diversas substancias orgánicas e inorgánicas”, explica Félix Freire, tamén investigador principal do CiQUS e primeiro asinante do traballo, “un camiño que está a xerar grandes expectativas e que seguiremos explorando desde o CiQUS”, apunta.


Referencia: Chiral Overpass Induction in Dynamic Helical Polymers Bearing Pendant Groups with Two Chiral Centers (Publicado en Angewandte Chemie).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadoras da UVigo buscan unha terapia contra os tumores metastásicos

O equipo deseña novos nanomateriais activados por raios X con nulos efectos adversos

Nanorobots galegos contra os tumores: a viaxe microscópica para combater o cancro

Dende os laboratorios do Cinbio avanzan na consolidación dunha tecnoloxía que está chamada a ser o futuro da biomedicina

O CiQUS propón unha nova tecnoloxía para controlar funcións celulares de forma artificial

O equipo de José Luis Mascareñas explican nun novo artigo un método que permite sintetizar produtos bioactivos en células de mamífero

Á procura da detección do cancro de pulmón cunha simple mostra de esputo

O científico Krishna Kant incorpórase ao grupo FunNanoBio do CINBIO co prestixioso contrato Marie S. Curie para desenvolver un prometedor proxecto