Unha bacteria presente na xudía común: a solución galega fronte o impacto da agricultura intensiva

Unha investigación da Misión Biolóxica, recoñecida polos premios Proxectos Emprendedores e Startups do CSIC por reducir o uso excesivo de fertilizantes


O uso excesivo de fertilizantes nitroxenados na agricultura intensiva, destinada a satisfacer a demanda global de alimentos, xera graves impactos ambientais. Fronte a este problema, a fixación simbiótica de nitróxeno xorde como unha alternativa sostible para reducir a dependencia de fertilizantes químicos. Neste contexto, investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas achou no ano 2020 a presenza da bacteria simbiótica Burkholderia alba en raíces de xudía común en campo. “Mediante ensaios de inoculación en diversas leguminosas de interese agroalimentario humano e animal, demostrouse que é unha bacteria simbiótica promiscua, capaz de asociarse con múltiples especies de leguminosas, unha característica única non descrita noutras bacterias simbióticas coñecidas”, explica Antonio De Ron Pedreira.

A súa aparición foi relevante dado que esta bacteria só fora identificada previamente en Corea do Sur en 2018. “Este descubrimento abriu novas perspectivas para a súa aplicación como bioinoculante en agricultura sostible”, engade o experto. Destaca que podería optimizar a fixación biolóxica de nitróxeno e reducir o uso de fertilizantes sintéticos, reducindo a emisión de gases de efecto invernadoiro e mitigando así o seu impacto no cambio climático.

Publicidade

Reducir o impacto ambiental dos produtos químicos

A idea do proxecto, duns tres anos de duración, é explorar o potencial da B. alba como bioinoculante para leguminosas. Para iso, avaliarán a súa eficacia na promoción do crecemento vexetal e a fixación de nitróxeno. Ademais, investigaranse posibles interaccións sinérxicas con outras bacterias simbióticas para maximizar os seus beneficios agronómicos e ambientais.

O obxectivo é conservar, caracterizar e utilizar de forma sostible os recursos fitoxenéticos para a agricultura e a alimentación (RRFFAA) de leguminosas e os recursos microbianos asociados. Desta forma, poderíase reducir o uso de produtos químicos e a emisión de gases de efecto invernadoiro para promover unha agricultura sostible. Isto pode mellorar a resiliencia e sostibilidade dos sistemas agrícolas en escenarios de cambio climático, mediante prácticas biolóxicas rexenerativas e tecnoloxías avanzadas.

Publicidade

Antonio de Ron.
Foto de arquivo do investigador Antonio de Ron.

Os obxectivos específicos pasan, primeiro, por estudar a asociación simbiótica de B. alba con diferente leguminosas en condicións controladas de invernadoiro. Despois, o equipo avaliará a súa eficiencia simbiótica en condicións de campo con diferentes leguminosas, e en particular con xudía común. Por último, xerará e avaliará prototipos de consorcios microbianos na produción agrícola de leguminosas en condicións controladas de invernadoiro.

Receptora dun premio pola súa innovación

O proxecto foi recoñecido cos premios “Proxectos Emprendedores e Startups do CSIC”. Os galardóns da Fundación Xeral CSIC e Banco Santander buscan recoñecer o talento innovador e o potencial de transferencia do coñecemento xerado no ámbito científico.

A investigación está co-dirixida por Antonio De Ron Pedreira, profesor de investigación ad honorem do CSIC e xefe do grupo BAS e Ana Paula Rodiño Míguez, titulada superior doutora do CSIC. Tamén conta coa participación de Josefa Dorinda Pouse Leira, técnica en Análise de Laboratorio e colaboradora de I+D+i.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

A recuperación da avea moura, o cultivo de orixe galega que desapareceu dos campos

Un proxecto de Misión Biolóxica de Galicia explora o potencial da especie tradicional con enfoque comercial para usos gastronómicos e cosméticos