A Academia de Ciencias e GCiencia publican o Anuario da Ciencia en Galicia 2019

O número 38 da revista recolle un monográfico sobre Tomás Batuecas, artigos de expertos e destaca os fitos que tiveron lugar no ano 2019

O pasado 8 de outubro, co gallo dos actos de celebración do Día da Ciencia en Galicia, a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e GCiencia presentaron o número 38 do Anuario da Ciencia en Galicia, que editan un ano máis de forma conxunta.

A revista, sae de novo do prelo despois da aposta lanzada hai dous anos pola RAGC, que supuxo a apertura dunha nova etapa na revista anual da Academia, tendo en conta a súa traxectoria histórica, pero tamén adaptada ás necesidades dos novos tempos.

Publicidade

A publicación recolle, en 60 páxinas, algunhas das novas e achados máis relevantes para a ciencia en Galicia nos últimos 12 meses. Neste ano de renovación na xunta directiva da RAGC, inclúense informacións acerca da toma de posesión do novo equipo, cun artigo do presidente Juan M. Lema Rodicio e unha entrevista á secretaria da institución, Pilar Bermejo Barrera. Tamén se publican sendos artigos de José Antonio Redondo, conselleiro maior do Consello de Contas e académico da RAGC, e Alberto Arce, catedrático de Enxeñaría Química da USC.

O Científico Galego do Ano, Tomás Batuecas Marugán, tamén ocupa un lugar destacado na revista, con varios artigos arredor da súa figura. O expresidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, que foi alumno de Batuecas, lembra nunha entrevista as vivencias que tuvo xunto a el. E o catedrático de Fundamentos Físicos da Universidad Politécnica de Madrid, Francisco González de Posada, que prepara unha tese sobre o químico, repasa a etapa en Madrid do investigador.

Publicidade

Ademais, o Anuario da Ciencia recolle durante case 30 páxinas os fitos científicos do ano, con entrevistas, reportaxes e noticias sobre as principais investigacións que a comunidade investigadora protagonizou nos últimos meses.

A publicación tamén informa das actividades de divugación científica e os certames convocados pola RAGC ao longo destes 12 meses, como o Premio Galicia de Xornalismo Científico, o premio de comunicación universitaria Contar a Ciencia-la Caixa, os premios de investigación Ernesto Viéitez o os de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, así como a inauguración da exposición “Química para un mundo mellor“, que actualmente está exposta no Colexio de Fonseca de Santiago de Compostela.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

Tremor no Caribe

Dous terremotos sacoden Venezuela e deixan un balance catastrófico con 1.450 falecidos e 3.150 feridos. Por Laura Filloy