Por que os sorteos por apelido non son o máis xusto

Un informe da Real Sociedad Matemática Española pide a eliminación destes sorteos nas convocatorias públicas

Este mesmo luns, o Diario Oficial de Galicia publicaba unha resolución que regulaba as probas de avaliación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. No apartado de criterios de selección, indicábase que “as prazas dispoñibles en cada localidade asignaranse por orde alfabética entre as persoas preinscritas”. Todos nos enfrontamos algunha vez a eles: os incertos sorteos por orde alfabética son un procedemento moi habitual nas convocatorias de acceso a un emprego público e na adxudicación de prazas para cursos, campamentos, etc. Ás veces hai sorte, ás veces non. Pero hai unha evidencia matemática sinxela de explicar: non todos os apelidos teñen a mesma probabilidade de seren agraciados con estes sorteo.

O pasado venres, a Real Sociedad Matemática Española (RSME), a través da súa Comisión de Mozos e Mozas, fixo público un comunicado no que reclamaba a “total eliminación” destes sorteos nas convocatorias públicas. Argumentaban que “aínda que este tipo de sorteo pode parecer xusto a primeira vista, a distribución de apelidos entre os candidatos non resulta uniforme, de maneira que a probabilidade de resultar elixido tampouco o será”.

Publicidade

O presidente desta comisión, Juan Miguel Ribera, explicaba o problema: “Os apelidos da poboación non se organizan de forma aleatoria”, dixo, polo que “podemos atopar moitos apelidos que empecen por M ou S, pero moi poucos que empecen por W ou X. Máis aínda, o problema atópase na distribución de apelidos dentro de una mesma letra de inicio; por exemplo, se nos fixamos na letra R, sempre se elixirá antes a alguén que se apellide Ramírez que a alguén que se apellide Rubio“.

A inxustiza destes sorteos

O documento da RSME é o último dunha serie de protestas contra este criterio. As diferenzas en canto á probabilidade de resultar agraciados, ou non, nestes sorteos, pode verse cun rápido repaso á lista de apelidos máis habituais entre os galegos, que recolle o Instituto Galego de Estatística. Estes son os máis comúns:

Publicidade

Como se pode ver na táboa, que amosa a fracción por mil (), cinco apelidos (Rodríguez, Fernández, González, López e García) aparecen no documento de identidade de unha de cada cuarenta persoas en Galicia. Que conclusión se pode tirar disto? Pois que por exemplo, se nos apelidamos Gutiérrez, ou Hernández, temos moitas menos posibilidades, xa que xusto diante de nós estarían varios dos 20 apelidos máis comúns (Fernández, García, Gómez ou González).

Tal e como explica o comunicado da RSME, “o sorteo por apelido trátase dun dos métodos máis empregados e, de feito, aplícase na adxudicación de prazas en centros escolares dalgunhas comunidades autónomas, na selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia de Galicia ou na adxudicación de prazas para os Campus Científicos de Verán por parte do Ministerio de Educación e Formación Profesional e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

Así, “lonxe de garantir que todos os candidatos con igual puntuación teñan a mesma probabilidade de obter a súa praza”, a Comisión de Mozos e Mozas da RSME expón que “os sorteos por apelido son inxustos, polo que solicitamos ás institucións que os substitúan por alternativas para as que hai variantes con implementacións bastante sinxelas“, explican desde a que se lembra que, “de feito, existen comunidades nas que xa se utilizan sistemas similares, como é o caso de Cataluña ou, moi recentemente, da Comunidad de Madrid“.

Estas dúas comunidades incorporaron aos procesos de selección alternativas baseadas na asignación de números. Varios artigos recentes explicaron como estes métodos son máis acaídos e, sobre todo, máis xustos para seleccionar ás persoas se usamos o azar como criterio.


Podes ler máis:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha dina ao oeste da península impulsa aire atlántico e provoca unha semana de inestabilidade en Galicia

A previsión apunta ceos nubrados, chuvias febles na fachada atlántica e temperaturas suaves. A influencia anticiclónica recuperarase de cara á fin de semana

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia

O virus da encefalite transmitida por carrachas chega a Galicia: un estudo detecta anticorpos en animais

Un equipo da USC confirma a circulación do patóxeno, considerado unha ameaza de saúde pública pola gravidade dos síntomas neurolóxicos que pode causar