Ciencia

Equipos galegos estudan a variante do SARS-CoV-2 espallada en España no verán de 2020

Investigadores do CINBIO, CiMUS e CHUS publican un artigo en "Nature" dentro do consorcio SeqCOVID, que realizou a análise xenómica da 20E (EU1)

Como obter produtos de alto valor industrial a partir da maceración do millo

A científica Xanel Vecino lidera na UVigo un proxecto para o aproveitamento destes residuos agrarios e o seu uso alimentario, cosmético ou farmacéutico

Linguas que se extinguen, medicina que se esvaece

Unha investigación expón como a progresiva desaparición de idiomas indíxenas provoca unha notable perda de coñecemento sobre o uso medicinal das plantas

Un estudo constata o ‘baixón’ no rendemento dos futbolistas a partir dos 30 anos

O investigador da UVigo Ezequiel Rey é un dos autores dun traballo internacional que recolleu datos de 419 xogadores de Primeira e Segunda División

Conseguen reducir nun 77% a transmisión do dengue grazas á infección dunha bacteria

Un ensaio realizado en Indonesia usa a bacteria "Wolbachia pipientis" nos mosquitos portadores do virus demostra que este se replica menos

Dúas científicas do CiQUS, premiadas pola Real Sociedade Española de Química

Soraya Learte e Eva Rivera reciben o recoñecemento que a Fundación Lilly e a RSEQ outorgan para alumnas de doutoramento

Crean con enxeñaría xenética unha bacteria sintética que é inmune aos virus

Un artigo publicado en "Science" describe unha cepa artificial de 'E. coli' capaz de crear un "cortalumes" e impedir a replicación viral

Bagazo de uva de Albariño para reducir o uso de antibióticos en animais

A catedrática de Química Analítica da USC Marta Lores coordina un proxecto que dispón de oito millóns para contribuír a evitar as resistencias bacterianas

Galicia, a comunidade que máis confía na seguridade e funcionamento das vacinas

A Enquisa de percepción social da ciencia revela tamén un maior rexeitamento cá media estatal á enerxía nuclear e a modificación xenética de plantas

Máis do 80% da cidadanía pide aos gobernos un maior apoio á ciencia

A 10ª Enquisa de Percepción Social da Ciencia, elaborada pola Fecyt, amosa tamén que máis do 60% das persoas cre que a profesión científica está mal remunerada

A NASA anuncia dúas misións para chegar ao “inferno” de Venus antes do 2030

Os proxectos Davinci e Veritas estudarán, respectivamente, a atmosfera e a topografía do planeta, case 40 anos despois da Magalhães, en 1989

Robots para reparar fochancas e reducir o risco de operarios e condutores

O grupo GeoTECH lidera Infra-Rob, un consorcio con 18 socios de oito países para reducir o número de sinistros que sofren traballadores e usuarios das vías

Unha nova técnica ideada no CiQUS: desenrolar hélices en polímeros por acción da luz

A revista "Angewandte Chemie" destaca o artigo, liderado por Francisco Rey Tarrío, polas súas achegas na determinación da estrutura de polímeros helicoidais

Premio de investigación contra o cancro nos EUA para a empresa Libera Bio, nacida na USC

A 'start up' , froito de décadas de traballo no laboratorio de María José Alonso, desenvolve novidosas estratexias terapéuticas con anticorpos monoclonais

CINBIO e GCiencia impulsan un ciclo de encontros para divulgar o labor do centro

"Conversas Cinbio" entrevistará en directo a científicos da institución da UVigo os cinco martes de xuño ás 20 horas

Descobren no espazo etanolamina, unha mólecula clave para a vida

Estes precursores da vida forman parte das nosas células e foron atopados no centro da nosa galaxia nun fito mundial de investigación internacional