CINBIO e GCiencia impulsan un ciclo de encontros para divulgar o labor do centro

"Conversas Cinbio" entrevistará en directo a científicos da institución da UVigo os cinco martes de xuño ás 20 horas

O Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo presenta, xunto con GCiencia, un ciclo de entrevistas con científicas e científicos do centro que se desenvolverá durante os cinco martes do mes de xuño. Baixo o título “Conversas CINBIO”, varios membros do persoal investigador do centro achegarán ao público o traballo que desenvolven. Os encontros poderán seguirse en directo a partir das 20 horas a través das redes sociais do CINBIO e GCiencia e no portal gciencia.gal.

“Conversas CINBIO” comezará o martes 1 de xuño con Miguel Correa, director do centro e investigador principal do TeamNanoTech, que explicará como é o funcionamento da institución e a súa vida diaria, as diferentes liñas de investigación e os obxectivos a curto e medio prazo. Na actualidade, o CINBIO está formado por máis de 200 persoas, entre profesores/as, doutores/as, estudantes de doutoramento e técnicos/as de laboratorio.

Publicidade

O centro é unha aposta da Universidade de Vigo para desenvolver o ámbito biomédico e biotecnolóxico desde unha perspectiva multidisciplinar. Así, os seus 14 grupos están compostos por expertos e expertas de recoñecido prestixio en campos como medicina, bioloxía, química, física, matemáticas ou informática.

Desde o seu nacemento, no ano 2009, o CINBIO é un referente para a investigación biotecnolóxica e biomédica en Galicia, con máis de 1200 publicacións científicas desde a súa posta en marcha e cunha relevante participación en prestixiosos proxectos internacionais de investigación.

Publicidade

O ciclo continuará o 8 de xuño con Ana Gago, investigadora principal do grupo Innovación en Agroalimentación e Saúde; o 15 de xuño falará Jacobo de Uña, do grupo de Inferencia estatística, decisión e investigación operativa (SIDOR); e o 22 de xuño será a quenda de David Posada, líder do grupo de Filoxenómica. “Conversas CINBIO” pecharase o 29 de xuño con con Isabel Pastoriza, investigadora principal do grupo FunNanoBio.


Tes toda a información sobre “Conversas CINBIO” nesta ligazón (PDF).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UVigo abre unha nova liña de investigación sobre os sarcomas ultrararos

O grupo CellCOM do CINBIO, liderado por María Mayán, acaba de recibir a primeira bolsa Carolina Cerezo que outorga Asarga

Máis dun cento de actividades espallarán a ciencia por Galicia noutra edición da G-Night

Unha gran feira en Vigo, un roteiro en Pontevedra e charlas en Ourense, principais fitos da Noite Galega das Persoas Investigadoras

GCiencia abre o ciclo de faladoiros "Os mundos científicos de Vigo"

Os relatorios darán comezo o luns no edificio Redeiras cunha charla introdutoria que leva por título 'A divulgación científica en Galicia'

Versace usa imaxes de nanopartículas de ouro obtidas na UVigo na súa nova campaña

A marca de luxo italiana baseouse no traballo do catedrático Luis Liz-Marzán para explorar o concepto de beleza a diferentes escalas, formas e lugares