O investigador Daniel Cajade, premiado pola Asociación Española de Xeografía

O doutorando da USC recibiu o galardón Jesús García Fernández para mozos investigadores por un traballo sobre o Guidoiro Areoso

O doutorando Daniel Cajade Pascual, investigador da área de Xeografía Física da USC, acadou o premio Jesús García Fernández na súa sexta edición, que outorga a Asociación Española de Geografía (AGE) aos investigadores novos por un traballo sobre o Guidoiro Areoso, un illote situado na ría de Arousa que nos últimos anos foi obxecto de diversos estudos debido á erosión que afecta a xacementos megalíticos presentes no lugar.

O traballo “La gestión de áreas litorales: El caso del islote Areoso” foi merecente do galardón por parte do xurado, que valorou “a orixinalidade e transversalidade da investigación, os métodos aplicados e a relevancia dos resultados obtidos”.

Publicidade

Daniel Cajade recolleu o galardón o pasado xoves 24 de outubro no 26º congreso da Asociación Española de Geografía, celebrado na cidade de Valencia. O premio recoñece deste xeito a relevancia das investigacións levadas a cabo por un equipo de traballo da área de Xeografía Física da USC, liderado polos profesores Ramón Blanco Chao e Manuela Costa Casais, e do que Daniel Cajade Pascual forma parte. Todos eles están integrados no Grupo de Investigación RODA.

A morte anunciada das xoias megalíticas do Guidoiro Areoso

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais