Venres 19 Abril 2024

A física Elena G. Ferreiro dirixe un proxecto europeo sobre interacción forte

A investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías coordinará o traballo das 44 institucións implicadas en STRONG-2020

A investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e profesora da USC Elena G. Ferreiro acaba de ser nomeada como presidenta da xunta directiva do novo proxecto europeo na vangarda dos estudos sobre a interacción forte STRONG-2020. A iniciativa, dotada con 10 millóns de euros, ten por obxectivo abordar as cuestións abertas desde o punto de vista teórico e experimental sobre a forza nuclear forte, a responsable de manter unidos os protóns e neutróns no interior do núcleo atómico.

Como parte do seu cometido, Elena G. Ferreiro encargarase da dirección, coordinación e supervisión do paquete de accións incluído neste proxecto, integrado no programa Horizonte 2020, e que involucra a 44 institucións internacionais.

Publicidade

O estudo da interacción forte ocupa a unha comunidade investigadora de 2.500 persoas de 36 países europeos traballando con colisionadores de partículas que requiren desenvolvementos continuos en detectores, sistemas de adquisición de datos, feixes e brancos, ademais dun marco teórico adecuado para analizar os resultados experimentais.

Dentro dos grupos españois involucrados en STRONG-2020, o IGFAE é un dos centros cun papel de liderado destacado. Ademais de Elena G. Ferreiro, o investigador e director do IGFAE Carlos Salgado participa na súa organización a través do Steering Committee, mentres que Néstor Armesto coordina unha das áreas de traballo, dedicada a estudos de dispersión inelástica profunda (DIS) no LHC e futuros experimentos.

Elena G. Ferreiro, autora de máis de 265 artigos de investigación con máis de 16.000 citas, tamén forma parte do comité directivo da División de Física Nuclear da Sociedade Europea de Física e colabora con grupos destacados no IPN Orsay (Institut de Physique Nucléaire) y École Polytechnique. No IGFAE, é coordinadora dunha das tres áreas estratéxicas de investigación: “O Modelo Estándar ata os límites”.

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles

Coidar a saúde e o medio ambiente: dúas razóns para incluír pescado azul na nosa dieta

A nivel mundial, el consumo anual per cápita de peixe nos últimos 50 años case se duplicou, cun crecemento exponencial en países como China