Así foi a entrega do VI Premio ‘Contar a Ciencia’

O pazo de San Roque, en Compostela, acolleu a cerimonia do certame no que resultou gañadora a estudante da USC Marta Otero

O pazo de San Roque, en Compostela, acolleu o acto de entrega da sexta edición do Premio Contar a Ciencia La Caixa, convocado pola Real Academia Galega de Ciencias, patrocinado pola Fundación La Caixa, organizado por GCiencia, e coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades e a tecnolóxica galega Primux.

A estudante de Xornalismo da USC Marta Otero Mayán foi a gañadora do certame grazas á reportaxe Unha app para coidar a quen coida, un traballo no que conta desde un enfoque persoal un proxecto do Grupo de Investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía da USC para previr a depresión en coidadores de persoas dependentes.

Publicidade

Andrea Varela e Miriam Álvarez, estudantes de Comunicación Audiovisual da UVigo, desenvolveron un dos traballos finalistas, Scuba Cancers: así é a loita contra o cancro transmisible en bivalvos. A outra finalista foi Alba Tomé Sueiro, graduada en Xornalismo pola USC, coa súa reportaxe Como gañar o que che quita o Parkinson.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

Tremor no Caribe

Dous terremotos sacoden Venezuela e deixan un balance catastrófico con 1.450 falecidos e 3.150 feridos. Por Laura Filloy

A bordo do hantavirus

O gromo dunha enfermidade potencialmente mortal en alta mar. Por Laura Filloy