Scuba Cancers: así é a loita contra o cancro transmisible en bivalvos

O equipo de José Tubío investiga no CiMUS de Santiago como se propaga o cancro en especies de animais mariños, como os berberechos

Por Andrea Varela e Miriam Álvarez / Estudantes de Comunicación Audiovisual da UVigo

José Tubío e o seu equipo de Scuba Cancers dedícanse no CiMUS (Centro Singular de
Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) á investigación da
metástase do cancro en bivalvos, especialmente nos berberechos. José Tubío foi
galardoado coa prestixiosa bolsa Starting Grant para levar a cabo este proxecto.

Publicidade

El e o seu equipo explicáronnos os obxectivos da súa investigación, así como o
proceso que  desenvolven para conseguilos, nun período de cinco anos. Quédanlle agora dous para concluír.

Falounos de temas moi interesantes, entre eles o proceso que se leva a cabo para
que un bivalvo con metástase contaxie a outro a través da auga do mar, e se hai a
posibilidade de que isto poida pasar a os humanos.

Publicidade

Cada vez están máis preto de rematar o seu proxecto e tamén de dar un paso
adiante na investigación dos cancros transmisibles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un centro da USC lidera unha rede europea arredor dos mecanismos xénicos das enfermidades humanas

O proxecto DECODES, coordinado polo CiMUS, contará con 4,5 millóns de euros e formará 15 investigadores predoutorais para estudar o papel do ‘splicing’

Un proxecto galego propón usar nanopartículas inocuas en inmunoterapias celulares

A iniciativa Nano-ARN, liderada pola investigadora da USC María José Alonso, busca comercializar a través dunha 'spin-off' un reactivo con alta capacidade de integración do ARN

As capturas de ameixa fina en Galicia caeron un 91% nos últimos 15 anos

A especie de bivalvos enfróntase a enfermidades, a sobrepesca, a competencia con variedades foráneas e o cambio climático

O exceso de frutosa pode debilitar as defensas naturais das arterias fronte á calcificación

Unha investigación da USC revela que a exposición prolongada ao monosacárido altera a produción de enerxía no fígado