Como gañar o que che quita o Parkinson

A investigadora da UVigo Irimia Mollinedo estudou na súa tese os efectos da práctica de pilates na situacións dos afectados pola doenza

Por Alba Tomé Sueiro / Estudante de Xornalismo da USC

Publicidade

Irimia Mollinedo Cardalda, investigadora da Universidade de Vigo, presentou a súa tese titulada “Efectos da aplicación do método Pilates en poboación diagnosticada de enfermidade de Parkinson” o pasado mes de abril, louvada polo tribunal cun sobresaínte cum laude, a máxima nota posible nunha tese de doutoramento. Ela e o seu titor, José María Cancela, deseñaron un Manual de aplicación do método Pilates, que xa se pode mercar. A investigación realizouse en colaboración coa Asociación de Parkinson da provincia de Pontevedra, que grazas ao seu compromiso, puideron levar a cabo todos os exercicios e estudar os seus efectos.

Entre eles, atópase unha mellora da sintomatoloxía, da condición física e a da autonomía do enfermo de Parkinson, o que conleva a unha mellora da calidade de vida. Por parte dos afectados que seguen practicando Pilates dous veces á semana, a valoración é moi positiva. A reflexión é a mesma para ambos investigadores: tras o éxito do estudo, sería interesante realizalo cunha mostra máis ampla, porque significaría chegar a outros estratos da poboación e axudar a máis xente.

1 comentario

  1. El pilates hace que nuestras articulaciones no estén rígidas .
    Evita los tropezones y el curbeado de espalda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.