Así se distribúen os recursos contra a demencia: este é o mapa por concellos en Galicia

A plataforma dixital Demgal permite localizar centros e servizos sociosanitarios en toda a comunidade e facilita a orientación de pacientes e familias

En Galicia calcúlase que hai arredor de 70.500 persoas diagnosticadas de alzhéimer ou algún outro tipo de demencia. Así o sinalan dende Demgal, unha plataforma dixital concibida como un directorio de servizos sociosanitarios vinculados a estas patoloxías neurodexenerativas. A iniciativa foi impulsada pola neuróloga Clara Domínguez, do Hospital Clínico de Santiago de Compostela (CHUS). Entre os recursos que ofrece a a páxina web destacan as guías prácticas para saber como actuar en cada fase da demencia, así como un mapa interactivo que permite localizar centros residenciais, centros de día e servizos de envellecemento activo en toda a comunidade. Na actualidade, o portal recolle 198 servizos en Galicia.

Por provincias, A Coruña concentra o maior número de recursos, con 63, dos cales 26 son centros de día e 33 residencias. Séguenlle Ourense, con 48 centros; Pontevedra, con 47; e Lugo, con 39. Cidades como Vigo, A Coruña, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense concentran máis de tres recursos especializados en demencia, cunha presenza destacada de centros residenciais.

Publicidade

No caso de Vigo, conta con tres centros de día —situados nos barrios de Valadares, Teis e Coia— e catro residencias. Ferrol dispón de tres centros de día e tres residencias, mentres que Santiago de Compostela suma catro residencias e un centro de día. Noutros concellos de menor tamaño, como A Rúa (Ourense), rexístranse dúas residencias e un centro de día.

A ferramenta inclúe tamén outros servizos, como asistencia a domicilio, estimulación cognitiva, fisioterapia ou terapia ocupacional, aínda que polo momento non hai rexistros destas categorías en Galicia. O proxecto presentouse o pasado 25 de marzo e atópase nunha fase inicial de desenvolvemento. O seu obxectivo principal é informar, acompañar e orientar ás persoas no proceso de enfrontamento destas patoloxías, tanto ás persoas diagnosticadas como ás súas familias e coidadores.

Publicidade


Podes consultar o mapa da plataforma Demgal na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa analiza a vulnerabilidade das sete cidades galegas ante o aumento da calor cara ao 2050

A Coruña rexistra a peor calidade das zonas verdes e o mellor abastecemento cotián, mentres que en Ferrol se prevé o maior incremento de días de temperaturas extremas

Investigadores galegos desvelan o papel clave do xene TRIP12 en doenzas raras do neurodesenvolvemento

O estudo liderado dende a USC sitúa o peixe cebra como a clave para comprender os mecanismos biolóxicos que orixinan algúns trastornos

Onde ver a eclipse do 12 de agosto? Unha aplicación puntúa os mellores lugares de Galicia

A fronteira asturiana e a provincia de Lugo teñen os miradoiros máis idóneos, pero tamén no terreo da Coruña se atoparán espazos onde desfrutar o fenómeno con claridade

Dez obras, un mapa e unha liña do tempo: así funciona o xogo en liña Anthropeum

A aplicación gratuíta combina xeografía e historia e permite descubrir pezas de arte de culturas de todo o mundo a partir da colección do MET