Calcula se terás demencia: a ferramenta que analiza o teu risco

A cantidade de froitas e patacas que comas e a túa situación sentimental son algunhas das variables importantes para o resultado

A demencia é unha enfermidade complexa que afecta a miles de galegos. Moitos poden preguntarse se teñen maior probabilidade de sufrila. Sen ser alarmistas e desde a prudencia coa que se deben tomar este tipo de datos, agora podes facer os teus cálculos cunha ferramenta en inglés que mide as posibilidades de ter esta doenza. Project Big Life presenta unha estatística titulada “Canto tempo vivirei”, que cruza os datos e utiliza algoritmos segundo diversas estatísticas. O único requisito é ter máis de 55 anos.

A páxina precisa dalgúns datos básicos para facer os cálculos. Entre eles, por exemplo, a idade, o consumo de alcohol e tabaco ou hábitos como a cantidade de verduras e froita que comes e o número de días e a intensidade coa que fas exercicio durante a semana. Outros factores como o peso, a altura, e ata algúns sociodemográficos como poden ser os teus estudos serán precisos para dar o resultado.

Publicidade

Un maior consumo de patacas, asociado a unha peor dieta

O sistema utiliza numerosos datos e estatísticas en colaboración co Hospital de Ottawa. Por exemplo, preguntan sobre o consumo de patacas, algo que afecta de forma negativa no cálculo. O motivo é que segundo as bases de datos as persoas que inxiren máis ese alimento ou os zumes de froitas están asociados a unha peor dieta. O motivo de que non se fagan outras preguntas, como a cantidade de azucre e graxas, por exemplo, é porque se teñen menos datos sobre outras variables.

O apartado persoal tamén afecta nas probabilidades de ter demencia. Por iso, a calculadora tamén pregunta a situación sentimental e se na túa veciñanza existe máis apoio social ou menos en comparación co resto do teu país. Tamén inflúe se falas máis dun idioma. Se queres comprobalo por ti mesmo, podes facelo premendo nesta ligazón.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Un proxecto galego mellora a detección da deterioración cognitiva mediante análise de sangue 

Unha investigación do IDIS estuda novos biomarcadores para avanzar cara a unha detección máis temperá e un seguimento personalizado