Atopan este exótico paxaro… e resultou non ser tal

O sorprendente achado dun centro de refuxio de animais rematou por ser noticia en The Washington Post

Os viandantes pensaron que se trataba dun ave do Amazonas.

O xornal The Washington Post sorprende hoxe cunha reportaxe abraiante: o descubrimento dunha nova e espectacular especie de ave exótica… que resultou non ser tal.

O paxaro de cor alaranxada estaba tirado nunha estrada británica cando foi visto por uns viandantes. De feito: non era difícil. Os bos samaritanos chamaron a un hospital de rescate de animais. Sospeitaban que se trataba dunha ave exótica que escapara dun zoolóxico. Ou dunha mascota importada ilegalmente do Amazonas.

Pero cando chegou ao centro, os zoólogos decatáronse decontado da identidade do paxaro: era unha gaivota do máis común. Pero tiña un problema pouco común. “Dalgún xeito, o paxaro quedou cuberto de curry ou de cúrcuma! Estaba sobre as súas plumas, impedíndolle voar axeitadamente”, manifestou na súa conta en Facebook o Hospital de Vida Salvaxe Tinggywinkles en Buckinghamshire.

O personal do hospital para animais limpa a gaivota.

“Non temos idea de como se meteu neste problema, pero afortunadamente estaba san: so tiña esa cor alaranxada“, dixeron os zoólogos.

O hospital limpou as súas plumas. A gaivota foi logo liberada. Os zoólogos e veterinarios que a atenderon sospeitan que caeu nalgún depósito de salsa de curry cando tentaba apañar comida. Probablemente, nun restaurante indio da contorna. Seguro que os que coñecemos as gaivotas en Galicia non quedamos tan sorprendidos como The Washington Post.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.