Elefantes, escaravellos e osos polares: estas son as mellores fotografías da natureza do ano

O Museo de Historia Natural de Londres escolle as imaxes máis destacadas do concurso Fotógrafo de Vida Silvestre, que premia composición, innovación e interpretación

Elefantes en branco e negro, escaravellos e osos polares. Como cada ano, o Museo de Historia Natural de Londres convoca o concurso do Fotógrafo de Vida Silvestre do Ano, que amosa a natureza no seu máximo esplendor en imaxes. Agora xa se coñece a resolución das dúas imaxes principais: por unha banda, o premio de fotógrafo consolidado recoñeceu a Federico Veronesi pola súa “imaxe hipnotizante” titulada The Aftermath, que amosa a unha elefanta femia portando a unha cría falecida; por outra, o galardón de Novo Fotógrafo é para Oscar Whitfield por Labour of Love, que captura a un rolabostas.

Pero, como se deciden os premiados? A avaliación consistiu na composición artística, a innovación técnica e a interpretación fiel do mundo natural. A pesar de que estas son as fotografías que cumpren os requisitos da mellor forma, a páxina web de Wild Photographer of the Year permite consultar todas as fotografías recomendadas, tanto da competición actual como de anos anteriores.

Publicidade

  • ‘A Watchful Eye’ de Aaron Sanders. Foto: Natural History Museum / Wildlife Photographer of the Year
  • ‘Biting back’ de Andrea e Maceo Grammatico. Foto: Natural History Museum / Wildlife Photographer of the Year
  • ‘Sanctuary Survivors’ de Federico Veronesi. Foto: Natural History Museum / Wildlife Photographer of the Year
  • ‘Wings of Darkness’ de Andrew Parkinson. Foto: Natural History Museum / Wildlife Photographer of the Year
  • ‘At One with the World’ de Robert Gloeckner. Foto: Natural History Museum / Wildlife Photographer of the Year
  • ‘Icy Window’ de Audun Rikardsen. Foto: Natural History Museum / Wildlife Photographer of the Year
  • ‘Between Layers’ de Jason Gulley. Foto: Natural History Museum / Wildlife Photographer of the Year
  • ‘Up a Tree Without a Squirrel’ de Allegra Hutton. Foto: Natural History Museum / Wildlife Photographer of the Year
  • ‘Hidden Dragon’ de Gil Wizen. Foto: Natural History Museum / Wildlife Photographer of the Year
  • ‘Shifting Sand’ de Sitaram Raul. Foto: Natural History Museum / Wildlife Photographer of the Year
  • ‘Split-Second Escape’ de Jens Cullmann. Foto: Natural History Museum / Wildlife Photographer of the Year

Consulta a galería de imaxes do Wild Photographer of the Year na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

E non podemos aproveitar a auga de tanta chuvia?

As intentas chuvias actuais xeran escorrentías e inundacións que non se aproveitan por falta de infraestruturas e estratexias de captación adecuadas

A sorprendente conexión entre unha foca, unha ameixa e unha lura

Dominan a hidráulica, comparten a pedra calcaria... Os tres animais buscan solucións diferentes para un mesmo obxectivo: sobrevivir no océano

O teu can sobreviviría só na natureza?

Valerie desapareceu nunha illa australiana a onde fora de vacacións coa súa familia e 500 días despois constatouse a súa adaptación á vida salvaxe

As raíces das árbores caducifolias non dormen no inverno e continúan crecendo

Un estudo demostra que a parte subterránea acumula carbono durante todo o ano, non só para a fotosíntese