Premio para o coruñés Julio Castro nos International Photo Awards

As espectaculares imaxes do fotógrafo reciben ademais mencións especiais nas categorías de Panorámicas, Paisaxes e Fotografía Nocturna

O fotógrafo coruñés Julio Castro suma un novo galardón ao seu palmarés, ao ser premiado nos International Photography Award. Este afeccionado á fotografia de paisaxe, e acreditado astrofotógrafo, obtivo o primeiro posto na categoría de fotografía panorámica coa súa serie fotográfica Paisaxes do Mundo.

Farmacéutico de profesión pero cunhas dotes incribles para a fotografía, Castro recibiu tamén recibiu unha mención especial nas categorías Panorámicas, Paisaxes e Fotografía Nocturna pola imaxe titulada A Dream Come True.

Publicidade

Desde principios do 2015 Castro compaxina o seu traballo como farmacéutico co seu maior hobbie: a fotografía. Unha afección que, segundo el mesmo recoñece na súa web, “comezou no 2014 nunha viaxe á Costa Oeste americana”, pero que dende aquela fai que acumule premios en todo o mundo.

As súas fotos foron premiadas en moitos concursos e certames fotograficos como o Trierenberg Super Circuit, Memorial Maria Luisa, Epson Pano Awards, Sony World Photography Awards, International Photography Awards, ND Photography Awards e moitos outros.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un carrusel de frontes atlánticas asociado á borrasca Bruna acende a alerta en Galicia por fortes chuvias

Un río atmosférico procedente das rexións subtropicais do Atlántico achegará moita humidade á comunidade dende o Caribe

Buscar e atopar

Unha rara bolboreta nocturna, un tesouro galego baixo a auga e un buque oceanográfico cara á Antártida. Por Andrea Veiga

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas