Os restos da pinga fría chegan a Galicia este domingo

Tras deixar avisos vermellos no Mediterráneo, a DINA vai desprazarse moi debilitada cara ao Noroeste provocando fortes treboadas

Nunha perfecta coreografía atmosférica, Galicia acabará vivindo os efectos da DINA (Depresión Illada en Niveis altos) que este xoves e venres deixa aviso vermello por fortes choivas no litoral mediterráneo. En Valencia, Murcia e Almería, hoxe e mañá hai alerta por fenómenos extremos, con precipitacións torrenciais e con risco para as persoas. Por sorte, cando o domingo chegue ao Noroeste este fenómeno da pinga fría (‘cold drop’, en inglés), aparecerá moi debilitado, aínda que provocará fortes treboadas especialmente durante a tarde.

A DINA deixa este xoves e venres avisos vermellos no Levante.

Polo tanto, a formación da pinga fría no Mediterráneo acabará afectando tamén a Galicia. A fin de semana a DINA tomará dirección noroeste e no seu camiño pola Península descargará choivas en zonas do centro do país como Madrid.

Publicidade

Finalmente, na tarde do domingo esta masa de aire frío en capas altas da atmosfera vai instalarse no sur de Galicia, provocando ‘tormentas importantes’, aínda que moito menos intensas que no Mediterráneo. De feito, ata o de agora non hai avisos nin de Meteogalicia nin da AEMET.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o mes de outubro máis seco dende 2007

O último informe climatolóxico de MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi un 79% inferior ao habitual no período

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

Dun anticiclón a ondulacións do chorro polar: unha dina pechará a semana en Galicia

O sábado caen as temperaturas, tanto as máximas, que non superarán os 20 graos na maior parte do territorio galego, como as mínimas, que acadarán os 9 no interior

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica