Novas fotos de premio da Vía Láctea sobre Galicia

A Vía Láctea sobre a ermida da Virxe do Faro en Brantuas, no municipio de Ponteceso. Foto: Julio Castro.
A Vía Láctea sobre a ermida da Virxe do Faro en Brantuas, no municipio de Ponteceso. Foto: Julio Castro.
A Vía Láctea sobre a ermida da Virxe do Faro en Brantuas, no municipio de Ponteceso. Foto: Julio Castro.
A Vía Láctea sobre a ermida da Virxe do Faro en Brantuas, no municipio de Ponteceso. Foto: Julio Castro.

Contabamos hai uns días o novo éxito do fotógrafo galego Daniel Llamas, recoñecido coa medalla de bronce na categoría de panorámicas dos premios ND Awards, por unha serie de imaxes da Vía Láctea sobre o Cabo Vilán, Punta Nariga, a lagoa de Louro, a ermida do monte Faro e o castro de Baroña. Mais non foi o unico galego recoñecido neste certame.

O fotógrafo coruñés Julio Castro conseguiu tamén a medalla de bronce, no seu caso na categoría de fotografía nocturna, grazas a unha serie de cinco imaxes, tres delas realizadas en Galicia. Dúas delas realizadas tamén en Nariga e Vilán, e a outra, na ermida da Virxe do Faro en Brantuas, no concello de Ponteceso. As outras están feitas nos lagos de Covadonga, en Asturias, e no Meandro del Melero, entre Salamanca e Cáceres.

Publicidade

Vía Láctea sobre os lagos de Covadonga. Foto: Julio Castro.
Vía Láctea sobre os lagos de Covadonga. Foto: Julio Castro.

En todas elas tamén destaca a Vía Láctea no ceo. “É un elemento incrible, que lle dá unha composición moi especial á fotografía”, conta Julio Castro. Aínda que xa acumula varios premios nos International Photo Awards España, nos premios Exxon e outros certames internacionais, Julio só leva tres anos dedicándose a isto. “Empecei no 2014, despois dunha viaxe á costa oeste dos Estados Unidos. Impresionáronme as paisaxes, e á volta, comprei unha cámara e comecei a practicar”.

Julio leva só tres anos facendo fotos pero xa obtivo varios recoñecementos internacionais

As facilidades que ofrecen a fotografía dixital e as redes sociais estimularon a afición a este tipo de fotografía, aínda que detrás, recoñece Julio, hai moito traballo e horas de práctica. Conta que, por exemplo, andivo detrás da foto de Covadonga moito tempo. “Quería que houbese neve, que a Vía Láctea estivese ben situada, e iso dáse moi poucas veces cada ano. En canto me enterei de que as condicións eran idóneas, collín o coche e marchei cara aló”, lembra.

En Galicia, a afición á fotografía nocturna e a astrofotografía evidénciase coa gran cantidade de nomes que aparecen entre os premiados en concursos internacionais. Ademais de Daniel Llamas, Julio Castro lémbrase de xente como Carlos F. Turienzo, David Martínez, Alfonso Maseda e moitos outros. E así xorden iniciativas moi interesantes como a que impulsou recentemente o físico e divulgador Dosi Veiga, co seu calendario de Ceos Galegos.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.